Saltar navegación

Escritura final, maquetación e publicación

ACTIVIDADE: Escritura final e maquetación do texto individual

Escritura final

Na escritura final o alumnado aplicará todas as estratexias aprendidas ao longo da secuencia e incorporará as melloras derivadas da revisión realizada por un compañeiro e a persoa docente.

Será a elección do docente que o texto final sexa manuscrito ou escrito nun procesador de textos dixital (ex. LibreOffice Writer). Para isto propoñemos reflexionar sobre os seguintes elementos:

  • A dificultade de lexibilidade, independientemente da súa calidade, que presentan os textos graficados polo alumnado fronte a aqueles escritos nun procesador.
  • As dificultades caligráficas dalgúns nenos eclipsan a calidade textual do seu produto. Procesalo nun ordenador permite percibir a evolución en aspectos tales como a estrutura, definición das personaxes, tempo e espazo, et; elementos que facilmente quedan desfigurados por unha presentación ilexible.
  • O procesador de texto elimina algunhas dificultades referidas ao sistema de escritura, como a caligrafía, pero evidencia outras como a separación de palabras.

Insistimos nos postulados de Daniel Cassany para evidenciar o número elevado de actividades que se desenvolven nas aulas, por parte do alumnado, e que levan como requisito imposto eliminar a presenza de erros nas súas producións,

Los errores son inevitables y no son necesariamente perniciosos para el aprendizaje. Al contrario, es una parte normal del proceso de desarrollo de competencia (el alumno infiere la regla –la comprueba – se equivoca- la reformula…) y, por esto, no es tan importante ni imprescindible corregirlos.

Daniel Cassany

Portadas

A edición dos textos individuais será menos elaborada que a do conto colectivo. Contará con:

  • Portada, onde figure a persoa autora e ilustradora
  • Texto
  • Ilustración
  • Contraportada

Maquetación

Existen múltiples formas de maquetar o texto escrito polo alumnado. Aínda que para segundo de primaria recomendamos que o alumnado realice unha maquetación manual (analóxica), tamén é posible facela dixitalmente con aplicacións como Scribus (podes consultar este exemplo (pdf - 1.46 MB) ou os seguintes manuais: manual 1, manual 2.)

O proceso para a maquetación analóxica que propoñemos será o seguinte:

  1. Corrixir e pasar a limpo, graficado ou en procesodor de textos, o borrador 1.
    Propoñemos graficalo / imprimilo en diferentes follas de papel formato A5, para facilitar a posterior integración coas ilustracións.
  2. Elaborar o soporte. As imaxes que se ofrecen son con un modelo tipo caderno (ver instrucións para a súa elaboración).
  3. Integrar as ilustracións e o texto
  4. Inserir os elementos de portada e contraportada.

Amosamos a continuación dous exemplos do resultado da secuencia para reflexionar sobre lexibilidade, independientemente da súa calidade.

Exemplo de conto graficado a man

Los tres tiburonesLos tres tiburonesLos tres tiburonesLos tres tiburonesLos tres tiburonesLos tres tiburonesLos tres tiburones

Clica enriba para ampliar a imaxe

Exemplo de conto graficado con procesador de textos

Cenicienta cegaCenicienta cegaCenicienta cegaCenicienta cegaCenicienta cegaCenicienta cegaCenicienta cegaCenicienta cega

Clica enriba para ampliar a imaxe

Publicación

  1. Compartir o produto final (contos individuais) a través da biblioteca de aula.
  2. O alumnado escribirá unha breve reseña do seu conto para publicar no blog de aula.
    (Será a persoa docente a encargada de fotografar e publicar no blog de aula os contos individuais).

Avaliación

CRITERIOS

3

2

1

PUNTUACIÓN

Título

Título coherente en extensión e contido co tema

Título con pouca relación co tema ou con demasiada extensión.

O título non ten relación co tema e é demasiado extenso.

 

Signos de puntuación

Utiliza polo menos cinco conectores propios dos textos narrativos

Utiliza entre tres e catro conectores propios dos textos narrativos

Utiliza menos de tres conectores propios dos textos narrativos

Ortografía

A escritura das palabras é correcta

Presenta algún erro ortográfico

Presenta multitude erros ortográficos, algúns asociados á separación de palabras

Uso social

Valora a lingua escrita como medio de comunicación e de expresión creativa.

Presenta os textos seguindo as normas básicas de presentación establecidas: disposición no papel, limpeza e calidade caligráfica.

Valora de xeito limitado a lingua escrita como medio de comunicación e expresión e presta pouca atención ás normas de presentación establecidas.

Non valora a lingua escrita como medio de comunicación nin atende ás normas básicas de presentación establecidas.

 

Imaxes do proceso de escritura final e maquetado