Le renard rusé [ʁ]
Articulación
Consonante fricativa uvular sonora.
- O seu modo de articulación é fricativo, o que significa que se produce comprimindo o aire a través dun paso estreito no punto de articulación, que causa turbulencia.
- O seu punto de articulación é uvular, o que significa que se articula co dorso da lingua contra ou preto da úvula.
- A súa fonación é sonora, o que significa que as cordas vocais vibran durante a articulación.
- É unha consonante oral, o que significa que o aire só sae pola boca.
- É unha consonante central, o que significa que se produce deixando que o aire pase por encima da lingua, e non polos lados.
- O seu mecanismo de iniciación é egresivo pulmonar, o que significa que se articula empuxando o aire polos pulmóns e a través do tracto vocal.
É un son cun punto de articulación próximo ó "g" do galego, pero neste caso faise vibrar a úvula do padal na súa emisión.
Son e grafías máis comúns
- "r": rouge [ʁuʒ], vendredi [vɑ̃dʁədi].
- “rr”: terre [tɛʁ].
Pares opostos
Non hai pares opostos que sexan salientables para unha persoa galegofalante. Os que adoitan asociarse a este son ([ʁ] / [g] ; ([ʁ] / [l]) non supoñen ningunha dificultade para os e as galegofalantes.
Audición / Repetición
Exercicios de avaliación
a. Identificación e discriminación do son:
- Indicade se o son [ʁ] atópase nestas palabras:
- Abricot
- Gants
- Grand
- Cigogne
- Anorak
- Elégant
- Canard
- Kangourou
- Sanglier
- Gorille
- Indicade se o son [ʁ] atópase na primeira ou na última sílaba:
- Rouge
- Boulangerie
- Virage
- Bricolage
- Taureau
- Boulevard
- Garçon
- Grenade
- Citron
- Camembert
- Indicade cantas veces atopades o son [ʁ] nas seguintes palabras:
- Dromadaire
- Rhinocéros
- Taureau
- Charcuterie
- Jardinerie
- Hirondelle
- Librairie
- Perroquet
- Fraise
- Parfumerie
- Brasserie
b. Identificación grafía e son.
- Completade coa grafía que corresponda:
- A _ oser
- A _ aignée
- Soute _ ain
- Gale _ ie
- Gue _ e
- Fe _ oviaire
- _ estaurant
- Rév _ bè _ e
- Te _ e
- T _ ottoi _
- Subliñade a palabra que escoitedes nestes pares:
- Grand / gant
- Trois / toi
- Très / tes
- Avril / habile
- Bras / bas
- Trace / tasse
- Presse / pèse
- Qui / cri
- Dictée:
- J’adore la robe rouge.
- J’ai trouvé des livres intéressants dans la librairie de ton quartier.
- La brasserie est dans la rue de la galerie marchande.
- La gare ferroviaire est tout près de la gare routière.
Anterior: Le chat charmant [ʃ]