Les quatre pattes /A/ ([a], [ɑ])

O arquifonema /A/ ten dúas realizacións ([a], anterior, e [ɑ], posterior). Neste proxecto propomos priorizar, con fins pedagóxicos, os arquifonemas, os sons principais do sistema vocálico francés. Ademáis, coa evolución do vocalismo, xa se neutralizaron certas oposicións vocálicas.

Articulación

Vogais abertas non redondeadas.

  • O seu grao de apertura é aberto, o que significa que a lingua se sitúa o máis lonxe posible do padal.
  • Son non redondeadas, o que significa que os beizos non forman un círculo para articulalas.

Pronúnciase igual que o "a" do galego.

Son e grafías máis comúns

  • "a": Les quatre pattes [le katʁ pat], pas [pa].
  • “â”: pâte [pat].
  • “à”: voilà [vwala].

Pares opostos

/A/ / [ã]: O son [ã] é un son nasal, parte do ar espirado sae polo nariz.

  • Gras / grand
  • Chat / champ
  • Va / Vent
  • Sa / Sang
  • Ta / tant
  • Plat / plan
  • Âne / an

Audición / Repetición

Exercicios de avaliación

a. Identificación e discriminación do son.

  • Escoitade estes pares de palabras e dicide se son idénticos (=) ou diferentes (=/):
    • Champ / chat
    • Sa / sang
    • Amant / amant
    • Quand / quand
    • Danse / danse
    • Plan / plat
    • Blanc / blanc
    • Grand / gras
    • Pas / pas
  • Indicade se escoitades /A/ ou [ã]:
    • Enfant
    • Canard
    • Chat
    • Gants
    • Vague
    • Pas
    • Ananas
    • Bar
  • Indicade en qué sílaba escoitades o son /A/:
    • Pantalon
    • Sandales
    • Amant
    • Panda
    • Médicament
    • Maman
    • Argent
    • Talant

b. Identificación grafía e son.

  • Completade coa grafía que corresponda:
    • Gr _ d
    • D _ s
    • Pl _ t
    • Thé _ tre
    • P _ rc
    • Pl _
    • March _ de
    • Pl _ ge
  • Subliñade a grafía correspondente ó arquifonema /A/:
    • Charmant
    • Patte
    • Savant
    • Pâtisserie
    • Magasin
    • Voilà
    • Pharmacie
    • Pantalon
  • Dictée:
    • Le sable de la plage.
    • J’adore les pâtes à la tomate.
    • Ma tante a un canard.
    • Ana aime la glace à l’ananas.

Anterior: Le beau bateau /O/ ([o], [ɔ]) Seguinte: L’enfant intelligent [ɑ̃]