Le parfum du pain /Ē/ ([ɛ̃], [œ̃])
O arquifonema /Ē/ ten duas realizacións ([ɛ̃], non redondeada, e [œ̃], redondeada). Neste proxecto propomos priorizar, con fins pedagóxicos, os arquifonemas, os sons principais do sistema vocálico francés. Ademáis, coa evolución do vocalismo, neutralizáronse certas oposicións vocálicas.
Articulación
Vogais nasais semi-abertas anteriores.
As vogais nasais son vogais cuxa produción está acompañada polo paso do aire pola cavidade nasal grazas á baixada do padal brando (velum). O fluxo de aire sae ao mesmo tempo pola boca.
- A súa localización é anterior, o que significa que a lingua se sitúa tan adiante como sexa posible na boca sen crear unha constricción que se poida cualificar como consonante.
- O seu grao de apertura é semi-aberto, o que significa que a lingua se sitúa a medio camiño entre unha vogal media e unha vocal aberta.
Colócase a lingua sobre os incisivos inferiores e póñense os beizos estirados. Faise sair parte do ar polo nariz.
Son e grafías máis comúns
- “im”, “in”: vin [vɛ̃], important [ɛ̃pɔʁtɑ̃].
- “aim”, “ain”: faim [fɛ̃], pain [pɛ̃].
- “ein”: frein [fʁɛ̃].
- “oin”: loin [lwɛ̃].
- “ien”: rien [ʁjɛ̃], bien [bjɛ̃].
- “um”, “un”: perfum [pɛʁfɔm], brun [bʁɛ̃].
Pares opostos
/Ē/ / [ã]: Véxanse os pares opostos do son [ã].
/Ē/ / [ɔ̃]: É tamén un son nasal. Colócanse os beizos como para facer un [o] pero faise sair o ar polo nariz e pola boca.
- Frein / front
- Vin / vont
- Faim / font
- Bain / bon
- Saint / son
- Paint / pont
- Main / mont
- Teint / ton
Audición / Repetición
Exercicios de avaliación
Atoparedes exercicios adicionais na páxina dos sons [ã] e [ɔ̃].
a. Identificación e discriminación do son.
- Indicade se escoitades /Ē/ ou [ã]:
- Temps
- Main
- Frein
- Pin
- Plante
- Agent
- Faim
- Rien
- Devant
- Roman
- Indicade se escoitades /Ē/ ou [ɔ̃]:
- Camion
- Refrain
- Sein
- Citron
- Blanc
- Gamin
- Bon
- Ombre
- Plein
- Chanson
- Prison
- Indicade se escoitades /Ē/ na primeira o na derradeira sílaba:
- Enfin
- Instant
- Argentin
- Important
- Intéressant
- Enfantin
- Introduction
- Maintenant
- Emprunt
b. Identificación grafía e son.
- Completade coa grafía que corresponda:
- Magas _
- Rais _
- P _ tre
- Pl _
- P _
- V _
- Chem _
- Terra _
- Jard _
- V _
- Urb _
- Subliñade a grafía correspondente ó arquifonema /Ē/:
- Indifférent
- Indépendant
- Impression
- Maintenent
- Ancien
- Intangible
- Intégration
- Indigent
- Emprunter
- Introduction
- Dictée:
- Tous les gamins sont sur le chemin.
- Le peintre vient lundi prochain.
- Chacun a son perfum.
- J’ai faim tous les matins.
Anterior: L’enfant intelligent [ɑ̃] Seguinte: Le pont d’Avignon [ɔ̃]