Propostas para a avaliación
O obxectivo sería availar (ou auto-avaliar) o coñecemento e articulación dos sons na cadea falada, é dicir, a competencia fonético-fonolóxica. Polo tanto, valorarase especialmente a habilidade articulatoria (a posición e contacto dos órganos fonadores) e a pronuncia. Así, os aspectos a ter en conta serían:
- A correcta colocación dos órganos activos (labios, velo do padal e lingua) e os pasivos (dentes e padal).
- A correcta identificación e produción dos sons vocálicos e as combinacións de vocais.
- A correcta identificación e produción dos sons consonánticos e os grupos consonánticos.
- A correcta articulación dos fonemas do francés recoñecendo nestes os seus trazos distintivos (nasais / orais; xordos / sonoros ...).
No que respecta á habilidade articulatoria, deberíase insistir especialmente nos seguintes aspectos:
- Sons vocálicos: incidir na apertura e peche da boca.
- Sons oclusivos: incidir na saída implosiva do aire.
- Sons nasais: incidir na saía nasal do aire.
- Sons laterais: incidir na posición adiantada da lingua.
- Sons fricativos: incidir na saída interdental do ar.
- Sons vibrantes: incidir na vibración da lingua.
- Sons africados: incidir na posición palatal da lingua.
- Sons guturais: incidir na posición atrasada da lingua.
No que respecta á pronuncia, deberase prestar especial atención á corrección na pronuncia dos fonemas vocálicos e consonánticos e os seus trazos distintivos.
Así mesmo, deberíase ter en conta a identificación e discriminación do son na cadea falada, así como a asociación do son coas diferentes grafías. Nas píldoras recollidas na sección de contidos inclúense exercicios de avaliación destas destrezas. Compre ter en conta que nos exercizos de identificación e discriminación de pares opostos o profesor ou profesora deberá ocultar os pares que aparecen escritos neses exercicios, e utilizar únicamente o audio.