Le beau bateau /O/ ([o], [ɔ])
O arquifonema /O/ ten duas realizacións ([o], semipechada, e [ɔ], semiaberta). Neste proxecto propomos priorizar, con fins pedagóxicos, os arquifonemas, os sons principais do sistema vocálico francés. Ademáis, coa evolución do vocalismo, neutralizáronse certas oposicións vocálicas.
Articulación
Vogal posterior redondeada.
- O seu punto de articulación é posterior, o que significa que a lingua tira cara atrás para articular o son.
- Redondeada, o que significa que os beizos forman un círculo para articulala.
Póñense os labios e la lingua cara atrás. Pronúnciase coma o “o” do galego.
Son e grafías máis comúns
“o”: moto [mɔto]; “ô”: hôtel [otɛl]; “au”: faux [fo]; “eau”: beau [bo].
Pares opostos
Consultar os pares opostos do arquifonema /OE/.
Audición / Repetición
Exercicios de avaliación
Atoparedes exercicios adicionais na páxina do arquifonema /OE/.
a. Identificación e discriminación do son.
Escoitade estes pares de palabras e dicide se son idénticos (=) ou diferentes (=/):
- Peu / pot
- Chat / chaud
- Mot / mot
- Ceux / sot
- Deux / dos
- Fort / fort
- Jeune / jaune
- Chaise / chose
Indicade se escoitades /O/ ou /Œ/:
- Moto
- Cadeau
- Oeuf
- Peau
- Jeudi
- Chapeau
- Niveau
- Bleu
Indicade se escoitades /O/, /E/ ou /Œ/:
- Terre
- Pruneau
- Gâteau
- Tomate
- Artichaud
- Boeuf
- Faire
- Fleur
- Frère
b. Identificación grafía e son.
Completade coa grafía que corresponda:
- R _ se
- Ch _ se
- R _ ne
- C _ q
- Ch _ se
- C _ d
- Chap _
- Niv _
Subliñade a grafía correspondente ó arquifonema /O/:
- Crocodile
- Saumon
- Dauphin
- Taureau
- Hippopotame
- Chameau
- Gorille
- Perroquet
Dictée:
- La moto de Paul est à l´ hôtel.
- L´eau chaude.
- Le beau chapeau à carreaux.
- Le niveau est trop haut.
Anterior: Le cœur du bonheur /Œ/ ([œ], [ø], [ə]) Seguinte: Les quatre pattes /A/ ([a], [ɑ])