Contidos curriculares desenvolvidos

Dado que a materia que nos ocupa (francés) impártese nos catro niveis da ESO e no bacharelato, nesta primeira etapa á que vai dirixida este proxecto, 1º ESO e 2º ESO, traballarase fundamentalmente na descrición do sistema vocálico e consonántico do francés dende unha perspectiva fonética e fonolóxica. Nas unidades didácticas (píldoras de fonética francesa) correspondentes a estes niveis presentaranse únicamente as unidades segmentais, insistindo nos paralelismos e contrastes co galego, e farase só unha sensibilización dende o punto de vista fonético das unidades suprasegmentais. O formato flexible destas píldoras de fonética francesa permitirá ampliar os contidos das mesas a medida que se avance de nivel. Así, nos derradeiros cursos da ESO e no bacharelato resultará importante amosar de que modo os fonemas inflúen uns nos outros. O alumnado de bacharelato comprenderá que a descrición das unidades acústicas e articulatorias illadas que traballou en 1º ESO e 2º ESO tiñan un fin meramente pedagóxico, isto é, coñecer as partes dun todo antes de estudalo no seu conxunto.

En definitiva, coas píldoras de fonética francesa que presentamos pretendemos que queden perfectamente asentadas as bases máis elementais da fonética francesa de xeito que, nos niveis superiores, poidamos profundar sen dificultade noutros aspectos máis complexos.

Desenvolveranse por tanto os sons vocálicos do francés (orais e nasais) e os sons consonánticos que se sinalan na programación oficial correspondente a 1º ESO e 2º ESO:

Vogais

Podemos dicir que en francés hai dezaseis vocais, e dez delas son fonemas esenciais para a comprensión lingüística: [i], [У], [u], /E/ ([ε], [e]), /Œ/ ([œ], [ø], [ə]), /O/ ([o], [ɔ]), /A/ ([a], [ɑ]), [ɑ̃], /Ē/ ([ɛ̃], [œ̃]), e [ɔ̃]. Para o estudo destas vogais proponse as seguintes píldoras:

Semivogais

Temos tamén tres semivocais, é dicir, fonemas intermedios entre vocal e consonante: [j], [w], e [ɥ]. Neste caso proponse as seguintes píldoras:

Consonantes

En francés hai dezaoito consonantes, catorce orais e catro nasais. Preséntanse píldoras para aquelas que contempla a programación oficial de 1º ESO e 2º ESO, as máis representativas do francés, e que manifestan maior dificultade para o alumnado galego falante, concretamente [z] / [s], [v] / [b], [ʒ] / [ʃ], e [ʁ]. As píldoras correspondentes son:

Táboa resumo

A táboa seguinte presenta un cadro con todas as píldoras dispoñibles.

[i] [У] [u] /E/ ([ε], [e])
/Œ/ ([œ], [ø], [ə]) /O/ ([o], [ɔ]) /A/ ([a], [ɑ]) [ɑ̃]
/Ē/ ([ɛ̃], [œ̃]) [ɔ̃] [j] [w]
[ɥ] [z] [s] [v]
[b] [ʒ] [ʃ] [ʁ]