Le cœur du bonheur /Œ/ ([œ], [ø], [ə])

O arquifonema /Œ/ ten tres realizacións ( [œ], semiaberta; [ø], semipechada, e [ə], media e central). Neste proxecto propomos priorizar, con fins pedagóxicos, os arquifonemas, os sons principais do sistema vocálico francés. Ademáis, coa evolución do vocalismo, neutralizáronse certas oposicións vocálicas.

Articulación

Vogais anteriores redondeadas ([œ], [ø])

  • A súa localización é anterior, o que significa que a lingua se sitúa tan adiante como sexa posible na boca sen crear unha constricción que se poida cualificar como consonante.
  • Son redondeadas, o que significa que os beizos forman un círculo para articulalas.

Pronúnciase coma o “e” do galego, pero redondeando os beizos.

Son e grafías máis comúns

  • [ø]: “eu”: feu [fø]; “eû”: jeûne [ʒøn].
  • [œ]: “eu”: beurre [bœʁ]; “œu”: sœur [sɔœʁ]; “œ”: œil [ɔɛj]; “ue”: acueillir [akœjiːʁ].
  • [ə]: “e”: petite [pətit].

Pares opostos

/Œ/ / /O/.

O son /O/ pronúnciase como o ”o” do galego (xordo, coxo).

  • Deux / dos
  • Ceux / sot
  • Cœur / corps
  • Sœur / sort
  • Meurt / mort
  • Faux / feu
  • Jeune / jaune
  • Affreux / affro
  • Beurre / bord

Audición / Repetición

Exercicios de avaliación

Atoparedes exercicios adicionais na páxina do arquifonema /E/.

a. Identificación e discriminación do son.

  • Escoitade estes pares de palabras e dicide se son idénticos (=) ou diferentes (=/):

    • Deux / dos
    • Jeune / jaune
    • Beurre / bord
    • Cœur / coeur
    • Feu / faux
    • Bleu / bleu
    • Chanteur / chanteur
    • Heure / heure
  • Indicade se escoitades /Œ/ ou /O/:

    • Dos
    • Fleur
    • Faux
    • Peur
    • Corps
    • Acteur
    • Veau
    • Couleur
    • Porc
  • Indicade se escoitades /E/, /Œ/ ou /O/:

    • Veux
    • Couleur
    • Mère
    • Soeur
    • Corps
    • Tricot
    • Chaud
    • Abricot
    • Plaire
    • Pêche

b. Identificación grafía e son.

  • Completade coa grafía que corresponda:

    • Od _ r
    • P _ re
    • Il pl _ t
    • F _ te
    • S _ r
    • C _ rps
    • Bl _
    • Bl_
  • Subliñade a grafía correspondente ó arquifonema /Œ/:

    • Facteur
    • Rêveur
    • Joueur
    • Europe
    • Erreur
    • Fleurit
    • Nageur
    • Jeunesse
  • Dictée:

    • Le chauffeur veut les pneux neufs.
    • Il déjeune à neuf heures.
    • Il veut du beurre et des oeufs.
    • La couleur de la fleur.

Anterior: Le bébé qui tête le lait /E/ ([ε], [e]) Seguinte: Le beau bateau /O/ ([o], [ɔ])