Le bébé qui tête le lait /E/ ([ε], [e])

O arquifonema /E/ ten tres realizacións ( [ε], semiaberta, e [e], semipechada). Neste proxecto propomos priorizar, con fins pedagóxicos, os arquifonemas, os sons principais do sistema vocálico francés. Ademáis, coa evolución do vocalismo, neutralizáronse certas oposicións vocálicas.

Articulación

Vogais anteriores non redondeadas.

  • O seu punto de articulación é anterior, o que significa que a lingua é situada tamén lonxe que posible ao dianteiro da boca.
  • A súa redondez é non redondeada, o que significa que os beizos non son redondeadas.

Pronúnciase coma o “e” aberto do galego, cos beizos alongados e a lingua nos incisivos inferiores.

Son e grafías máis comúns

  • [e] “é”: blé [ble]; “er”: marcher [maʁʃe]; “et”, “ez”, “es”, “ed”, “ef”: et, nez, des, pied, clef [e, ne, de, pje, kle].
  • [ε], “è”: père [pɛːʁ]; “ê”: fête [fɛt]; “ai”: raisin [ʁezɛ̃]; “ei”: reine [ʁɛn]; “e + duas consoantes”: reste, verbe, lettre [ʁɛst, vɛʁb, lɛtʁ].

Pares opostos

/E/ / /Œ/.

O son /Œ/ pronúnciase como un “e” galego pero cos beizos lixeiramente redondeados (véxase son /Œ/).

  • Père / peur
  • Fais / feu
  • L´air / Leur
  • Sel / seul
  • Il plaît / Il pleut
  • Je vais / je veux
  • Mère / meurt
  • Paix / peu
  • Des / deux
  • Ces / ceux
  • Blé / bleu
  • Nez / noeud

Audición / Repetición

Exercicios de avaliación

Atoparedes exercicios adicionais na páxina do arquifonema /Œ/.

a. Identificación e discriminación do son.

  • Sinalade se o son /E/ atópase na primeira (1), ou na segunda (2) sílaba:
    • Pêcheur
    • Déjeuner
    • Rêveur
    • Heurter
    • Erreur
    • Traiteur
    • Laideur
    • Euphémisme
  • Escoitade estes pares de palabras e dicide se son idénticos (=) ou diferentes (=/):

    • Fait / feu
    • Mais / mais
    • Sel / seul
    • Terre / terre
    • Père / peur
    • Lait / lait
    • Paix / peu
    • Tête / tête
  • Indicade se escoitades /E/ ou /O/:

    • Dos
    • Fleur
    • Faux
    • Peur
    • Corps
    • Acteur
    • Veau
    • Couleur
    • Porc
  • Indicade se escoitades /E/ ou /Œ/:

    • Feu
    • Faire
    • Odeur
    • Claire
    • Sœur
    • Mère
    • Malheur
    • Père

b. Identificación grafía e son.

  • Completade coa grafía que corresponda:

    • Le p _ re du fact _ r
    • Le béb _ f _ t le dej _ ner
    • Il n_ge
    • J´_ me les fl _ rs.
  • Escribide as palabras co son /E/:

    • Église
    • Heure
    • Aimer
    • Neuf
    • Fraise
    • Cœur
    • Fleur
    • Laitue
  • Dictée:

    • La chaise de la reine.
    • Je sais épeler mon prénom.
    • Mon père et ma mère aiment les fraises fraîches.
    • Ta maison a une fenêtre ouverte.

Anterior: Le hibou sourd [u] Seguinte: Le cœur du bonheur /Œ/ ([œ], [ø], [ə]