Obxectivos


Con estas páxinas pretendemos acadar os obxectivos seguintes:

  • Axudar ó alumnado de 1º ESO e º ESO a perfeccionar a súa pronuncia e desenvolver hábitos articulatorios e prosódicos que lles permitan achegarse ó máis posible á persoa falante nativa.
  • Acadar dende o principio hábitos correctos de pronuncia.
  • Facilitar a discriminación de parellas de sons próximos.
  • Desenvolver a capacidade de autonomía do alumnado para que adquira hábitos de autocorrección e de coavaliación.
  • Reforzar e completar os coñecementos por medio da análise comparativa coa lingua materna.
  • Favorecer a reflexión sobre a lingua: desenvolver capacidades de observación e análise para a construción do coñecemento disciplinar.
  • Manipular o sistema de transcrición do alfabeto fonético internacional co fin de poder identificar nun dicionario a pronuncia dos termos que se recollen.
  • Adquirir os coñecementos teóricos básicos que sustentan a fonética.
  • Integrar os coñecementos e habilidades adquiridas nas materias correlativas.
  • Incrementar ó máximo a práctica audio-oral na aula.