La journée du jeudi [ʒ]
Articulación
Consonante fricativa palato-alveolar sonora.
- O seu modo de articulación é fricativo, o que significa que se produce comprimindo o aire a través dun paso estreito no punto de articulación, que causa turbulencia.
- O seu punto de articulación é palato-alveolar, o que significa que se articula ao nivel da unión entre os alvéolos da mandíbula superior e o padal duro, coa lingua en forma de cúpula.
- A súa fonación é sonora, o que significa que as cordas vocais vibran durante a articulación.
- É unha consonante oral, o que significa que o aire só sae pola boca.
- É unha consonante central, o que significa que se produce deixando que o aire pase por encima da lingua, e non polos lados.
- O seu mecanismo de iniciación é egresivo pulmonar, o que significa que se articula empuxando o aire polos pulmóns e a través da canle do tracto vocal.
Pronúnciase moi parecido o “x” do galego, só que neste caso o son e sonoro, vibran as cordas vogais cando se pronuncia e nótase un leve cosquilleo na gorxa.
Son e grafías máis comúns
- "j": Jolie [ʒɔli], journée [ʒuʁ ne], jeudi [ʒødi].
- “g” + “e” ou “i”: geste [ʒɛstə], gilet [ʒilɛ].
Pares opostos
[ʒ] / [ʃ] : O sonido [ʃ] é xordo e pronúnciase como o “x” do galego , e o [ʒ] é sonoro.
- Joie / choix
- Gens / chant
- Bouge / bouche
- Mange / manche
- Joue / chou
- Figer / ficher
- Je / chez
- Bougeons / bouchon
- Cage / cache
Audición / Repetición
Exercicios de avaliación
Atoparedes exercicios adicionais na páxina do son [ʃ].
a. Identificación e discriminación do son.
- Indicade se o son [ʒ] atópase nestas palabras:
- Âge
- Chat
- Bouche
- Jaune
- Cher
- Charmant
- Jambe
- Méchant
- Région
- Jupe
- Indicade se nestes pares de palabras os sons son iguais (=) ou diferentes (=/):
- Des chats / déjà
- Boucher / bouger
- Chez / je
- Manche / mange
- Jeune / jeune
- Jour / jour
- Âge / hache
- Jeu / jeu
- Choix / joie
- Jardin / Jardin
- Indicade se escoitades [ʒ] ou [ʃ]:
- Chien
- Chat
- Chou
- Chemise
- Asperge
- Courgette
- Chèvre
- Fromage
- Gorge
- Pigeon
b. Identificación grafía e son
- Completade coa grafía que corresponda:
- Sé _ our
- _ énial
- _ énéral
- _ ambre
- A _ iter
- _ ilet
- _ ambe
- _ uste
- _ ymnase
- Subliñade a palabra que escoitedes nestes pares:
- Chou / joue
- Jambe / chambre
- Danger / danser
- Pichet / piger
- Marge / marche
- Je veux / cheveux
- Chant / gens
- Bouche / bouge
- Cache / cage
- Dictée:
- Je joue chaque jour chez Jean.
- J’ai mal à la jambe et aux genoux.
- Le juge juge les jeunes gens.
- J’ai fait du judo toute la journée.
Anterior: La balle bleu [b] Seguinte: Le chat charmant [ʃ]