L’île imaginaire [i]

Articulación

Vogal cerrada anterior non redondeada.

  • O seu grao de apertura é pechada, o que significa que a lingua se sitúa tan preto como sexa posible ao padal sen crear unha constricción que se puidese cualificar como consonante.
  • O seu punto de articulación é anterior, o que significa que a lingua se sitúa tan adiante como sexa posible na boca sen crear unha constricción que se poida cualificar como consonante.
  • É non redondeada, o que significa que os beizos non forman un círculo para articulala.

A lingua colócase nos incisivos inferiores e os beizos mantéñense estirados como nun sorriso.

Son e grafías máis comúns

  • “î”, “i”: L’île imaginaire [lil imaʒinɛʁ]
  • “y”: Le lycée de Lille [lə lise də lij]

Pares opostos

[i] / [y]: Ver os pares opostos do son [y].

Audición / Repetición

Exercicios de avaliación

Atoparedes exercicios adicionais na páxina do son [y].

a. Identificación e discriminación do son.

  • Sinalade se o son [i] atópase na primeira (1), na segunda (2) ou na terceira (3) palabra:

    • Ami - amour - toujours
    • Lycée - dur - cours
    • Trousse - stylo - calculette
    • Pull - chemise - blouse
  • Escoitade estes pares de palabra e dicide se son idénticos (=) ou diferentes (=/):

    • Ni / nu
    • Ami / ami
    • Sucre / sucre
    • Dit / du
    • Bus / bus
    • Pire / pur
    • Cours / cours
  • Indicade se escoitades [u] ou [i]:

    • Ami
    • Menu
    • Image
    • Utile
    • Lycée
    • Plume
    • Stylo
    • Livre

b. Identificación grafía e son.

  • Sinalade a palabra que escoitedes:

    • Pire / pur
    • Ni / nous
    • Cru / cri
    • Nid / nu
    • Riz / rue
    • Pour / pire
  • Dictée:

    • La bicyclette circule sur la route.
    • Lucy habite dix rue du cinéma.
    • Le publique aime la musique classique.
    • Nicolas imagine le paradis.

Seguinte: La lune hulule [У]