Le poisson et l’hérisson [s]

Articulación

Consonante fricativa alveolar xorda.

  • O seu modo de articulación é fricativo, o que significa que se produce comprimindo o aire a través dun paso estreito no punto de articulación, que causa turbulencia.
  • O seu punto de articulación é alveolar, o que significa que se articula coa punta ou a parte plana da lingua contra os alveolos dentarios. Por tanto, pode ser apical ou laminar.
  • A súa fonación é xorda, o que significa que se produce sen a vibración das cordas vocais.
  • É unha consonante oral, o que significa que o aire só sae pola boca.
  • É unha consonante central, o que significa que se produce deixando o aire pasar por encima da lingua, e non polos lados.
  • O seu mecanismo de iniciación é egresivo pulmonar, o que significa que se articula empuxando o aire polos pulmóns e a través do tracto vocal.

Articúlase prácticamente igual que o "s" do galego.

Son e grafías máis comúns

  • “s” inicial : soleil [sɔlɛj].
  • "ss": poisson [pwasɔ̃], hérisson [eʁisɔ̃].
  • “c” + “e” ou “i”: ciel [sjel], ceux [sø].
  • “ç”: garçon [ɡaʁsɔ̃].
  • Terminación “-tion”: nation [nasjɔ̃].
  • “sc” : scène [sɛn].

Pares opostos

[s] / [z] : Véxanse os pares opostos do son [z].

Audición / Repetición

Exercicios de avaliación

a. Identificación e discriminación do son.

  • Indicade se o son [s] atópase nestas palabras:
    • Douze
    • Basse
    • Français
    • Séjour
    • Rose
    • Ciel
    • Garçon
    • Chaussure
    • Salon
    • Oiseau
  • Indicade se escoitades [s] ou [z]:
    • Force
    • Messe
    • Fraise
    • Poissonnerie
    • Raisin
    • Chanson
    • Leçon
    • Nation
    • Magasin
    • Pâtisserie
  • Indicade se os pares son iguais (=) ou diferentes (=/):
    • Russe / ruse
    • Coussin / cousin
    • Tresse / treize
    • Race / rase
    • Oser / oser
    • Basse / base
    • Onze / onze
    • Cirque / cirque
    • Aussi / aussi
    • Classe / classe

b. Identificación grafía e son.

  • Completade coa grafía que corresponda:
    • Bra _ erie
    • Pharma _ ie
    • Pa _ age
    • _ ucre
    • Le _ on
    • Commer _ e
    • Opti _ ien
    • Op _ ion
    • Mou _ e
    • Informa _ ion
  • Subliñade a grafía correspondente ó son [s]:
    • Assassin
    • Niçoise
    • Supermarché
    • Légalisation
    • Société
    • Saucisson
    • Représentation
    • Chaussettes
    • Consommation
    • Dissertation
  • Dictée:
    • Je ramasse les chaussures et les chaussettes des enfants.
    • Le saumon et la sardine sont des poissons.
    • La pamplemousse et le cassis sont des fruits.
    • Cinq coussins sont dans le salon.

Anterior: La rose d’Asie [z] Seguinte: Vive les vacances ! [v]