La lune hulule [У]
Articulación
Vogal cerrada anterior redondeada.
- O seu grao de apertura é pechado, o que significa que a lingua se sitúa tan preto como sexa posible ao padal sen crear unha constricción que se puidese cualificar como consonante.
- O seu punto de articulación é anterior, o que significa que a lingua se sitúa tan adiante como sexa posible na boca sen crear unha constricción que se poida cualificar como consonante.
- É redondeada, o que significa que os beizos forman un círculo para articulala.
Punta da lingua sobre os incisivos inferiores, beizos redondeados e proxectados hacia adiante. Colócanse os beizos como se se fose a facer un [u] e sen movelos desa posición trátase de emitir un [i].
Son e grafías máis comúns
- “u”: La lune hulule [la lyn ylyl]
- “û”: La flûte brûle [la flyt bʁyl]
Pares opostos
[y] / [i]: [i] pronúnciase igual que o [i] do galego (illa, irmá, inimigo). Póñense os beizos estirados como nun sorriso. Ver son [i].
- Nid / nu
- Dit / du
- Émit/ ému
- Anis / anus
- Mite / mute
- Nique / nuque
- Pie / pu
- Vie / vue
- Remis / remu
- Écru / écrit
- Avis / abus
- Si / su
- Lit /lu
- Riz / rue
[y] / [u]: [u] pronúnciase igual que o [u] do galego (custo, xunto, unto, xullo). Ver son [u].
- Doux / du
- Nous / Nu
- Boule / bule
- Égout / aigu
- Aôut / hutte
- Pou / pu
- Mou / mue
- Sourd / sur
- Rousse / ruse
- Moule / mule
- Dessous / dessus
- Pour / pur
- Pousse / puce
- Tout / tu
- Sous / su
Audición / Repetición
Exercicios de avaliación
a. Identificación e discriminación do son.
Indicade se escoitades [i] ou [y]:
- Lit
- Sucre
- Ami
- Menu
- Livre
- Fumer
- Prune
- Figue
Escoitade estes pares de palabra e dicide se son idénticos (=) ou diferentes (=/):
- Avis / abus
- Sucre / sucre
- Vie / vue
- Tigre / tigre
- Anis / anus
- Écrit / écru
- Citron / citron
- Bise / Bus
Indicade se escoitades [u] ou [y]:
- Sur
- Sous
- Amour
- Lune
- Kangourou
- Tortue
- Mouche
- Rouge
b. Identificación grafía e son.
Sinalade a palabra que escoitedes:
- Bulle / bille
- Pure / pire
- Lut / lit
- Deçu / dessous
- Pull / pile
- Mule / mille
- Débit / début
- Nile / nul
Escribide a grafía do son que escoitedes:
- Le p _ ll v _ olet et la j _ pe à ray _ res
- La m _ che r _ ge
- Sal _ t mon am _
Dictée:
- Le hibou hulule
- La tortue est sur le mur de la rue
- Le livre rouge est sur le lit
- La soupe est sur le menu
Anterior: L’île imaginaire [i] Seguinte: Le hibou sourd [u]