L’enfant intelligent [ɑ̃]

Articulación

Versión nasalizada de [a] (vocal aberta posterior non redondeada).

  • O seu grao de apertura é aberto, o que significa que a lingua se sitúa o máis lonxe posible do padal.
  • O seu punto de articulación é posterior, o que significa que a lingua tira cara atrás para articular o son.
  • É non redondeada, o que significa que os beizos non forman un círculo para articulala.

Colócase a lingua en posición retrasada, os beizos redondeados e separados e expúlsase o ar polas fosas nasais e pola boca. O “n” que segue non se pronuncia.

Son e grafías máis comúns

  • "an", "am": pantalon [pɑ̃talɔ̃], sandales [sɑ̃dal], manteau [mɑ̃to], planche [plɑ̃ːʃ], randonnée [ʁɑ̃dɔne], blanc [blɑ̃], champ [ʃɑ̃].
  • "en", "em": centre [sɑ̃ːtʁ], ventre [vɑ̃ːtʁ], médicaments [medikamɑ̃], vent [vɑ̃], empire [ɑ̃piːʁ].

Pares opostos

[ã] / /Ē/: Colócanse os beizos como para formar un /E/ pero bótase o ar polo nariz e pola boca.

  • Temps / teint
  • Franc / frein
  • Centre / cintre
  • Sans / sein
  • Vent / vin
  • Banc / bain
  • Plan / plein
  • Marrant / marin
  • Lent / lin

[ã] / [ɔ̃]: É tamén un son nasal. Colócanse os beizos como para facer un [o] pero faise sair o ar polo nariz e pola boca.

  • Tant / ton
  • Franc / front
  • Sans / son
  • Banc / bon
  • Quand / con

Audición / Repetición

Exercicios de avaliación

Atoparedes exercicios adicionais na páxina do arquifonema /A/.

a. Identificación e discriminación do son.

  • Indicade se escoitades [ã] ou /Ē/:
    • Fin
    • Grand
    • Éléphant
    • Lundi
    • Agent
    • Dessin
    • Enfant
    • Blanc
    • Centre
  • Indicade se escoitades [ã] ou [ɔ̃]:
    • Bon
    • Enfant
    • Son
    • Quand
    • Cochon
    • Amant
    • Avion
    • Champs
  • Indicade se escoitades [ã], [ɔ̃] ou /Ē/:
    • An
    • Entreprise
    • Pain
    • Quand
    • Plein
    • Concours
    • Matin
    • Dans

b. Identificación grafía e son.

  • Completade coa grafía que corresponda:
    • Ch _ bre
    • Marr _ t
    • _ fant
    • C _ tre
    • T _ ps
    • Bl _ c
    • Cami _
    • V _ tre
  • Subliñade a grafía correspondente ó son [ã]:
    • Enfant
    • Rencontre
    • Devant
    • Instant
    • Argentin
    • Enfin
    • Important
    • Maintenant
    • Dansant
  • Dictée:
    • L’enfant entre dans sa tante.
    • La chambre blanche est très grande.
    • Ma grand mère a des pantoufles et des gants blancs.
    • Mon panda mange des croissants.

Anterior: Les quatre pattes /A/ ([a], [ɑ]) Seguinte: Le parfum du pain /Ē/ ([ɛ̃], [œ̃])