UN PASEO POLA HISTORIA
VOLTA Á IDADE MEDIA
Hoxe en día contamos con moitas comodidades á hora de facer unha ruta como o Camiño de Santiago. Como cres que sería unha peregrinación na Idade Media? Cales cres que son as diferenzas entre un peregrino medieval e nós. Na seguinte imaxe podes ver a Zapatones, personaxe que durante décadas fotografouse cos turistas vestindo de xeito tradicional.
Elabora un informe detallando como sería a vida dun peregrino medieval. Non te esquezas de facer referencia a estes aspectos:
- vestimenta e calzado.
- aloxamento.
- manutención.
- presuposto.
- comunicación.
Estudo de caso
A historia estuda a vida dos homes e mulleres ao longo do tempo, por iso ten tanta importancia o uso correcto da cronoloxía.
Ao longo do noso percorrido ímos atoparnos co numerosas mostras do patrimonio histórico-artístico. O reto que temos por diante é elaborar unha liña do tempo con distintos exemplos de distintas épocas históricas. A liña do tempo permítenos situar culturas, acontecementos, personaxes de xeito ordenado no tempo. Tomaremos fotografías de distintos elementos do patrimonio histórico-artístico ao longo do Camiño a Fisterra e situarémoslos na nosa liña do tempo.
ARTE NO CAMIÑO A FISTERRA
Cruceiro no Camiño. Marta Coria. CC BY-SA
Pazo de Cotón en Negreira. Marta Coria. CC BY-SA
Escudo de armas en Cee. Marta Coria. CC BY-SA
Hórreo en Olveiroa. Marta Coria. CC BY-SA
Pazo de Cotón en Cee. Marta Coria. CC BY-SA
Ponte Maceira. Marta Coria. CC BY-SA
Igrexa de Santa María en Fisterra. Marta Coria. CC BY-SA
Igrexa de San Marcos en Corcubión. Marta Coria. CC BY-SA
COMO SE VAI AVALIAR A TAREFA?
Para avaliar esta tarefa, utilizaremos un instrumento de avaliación que se chama rúbrica. Podes consultala antes de comenzar a actividade para coñecer o que se vai avaliar e cales son os niveis que debes acadar en cada apartado que se vai avaliar. Deste xeito será máis doado saber o que debedes conseguir exactamente co voso traballo.
- proporcionalidade entre os distintos períodos.
- comprensión da clasificación das distintas etapas da historia.
- boa presentación.
Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Recoñecemento Compartir igual 4.0