A PEGADA DO CAMIÑO
Ao longo do desenvolvemento deste proxecto temos aprendido e traballado moitos aspectos relacionados co Camiño a Fisterra. Grazas ao noso caderno de bitácora, o froito da nosa aprendizaxe estará ben organizado e estruturado. Agora é o momento de preparalo para compartir o noso coñecemento co resto de persoas da nosa contorna. De seguro, uns recordos serán máis significativos que outros a nivel individual. En calquera caso, non debemos perder de vista o obxectivo principal da exposición, que non é outro que presentar o noso traballo e o Camiño a Fisterra como unha experiencia digna de realizar e coñecer en profundidade.
MONTAMOS UNHA EXPOSICIÓN
Con todas as tarefas elaboradas ao longo do proxecto organizaremos a exposición. Lembra que poderás utilizar todo aquel material xerado ao longo destes días: escritos, fotografías, audios, vídeos, etc.
Deseñar e montar unha exposición é un traballo complexo que precisa dunha boa organización. Nós repartiremos o traballo en pequenos grupos, encargados dos seguintes aspectos:
- Deseño e selección de contidos.
- Montaxe da exposición.
- Guías e difusión da exposición.
Resulta esencial que os tres grupos traballen de xeito coordinado para acadar o éxito da exposición.
COMPARTINDO O NOSO TRABALLO
Expoñer o noso traballo para os demais contribuirá a acadar un dos obxectivos máis importantes do proxecto: dar a coñecer e revalorizar o Camiño a Fisterra. Non é unha tarefa sinxela, xa que temos que abarcar todos os espazos ao noso alcance, sen esquecer os seguintes pasos:
- Elaborar trípticos coa información destacada da exposición.
- Deseñar e elaborar carteis para anunciar a exposición no centro.
- Incorporar na web do noso centro educativo información da exposición.
- Mandar unha nota informativa á prensa e ao concello.
- Organizar visitas guiadas para alumnado e para as familias.
CADERNO DE BITÁCORA
É o momento de pechar o noso caderno de bitácora. É interesante que fagamos unha recompilación final de todo o que supuxo este proxecto para nós. Tenta completar as seguintes frases do xeito máis completo posible, explicando as túas respostas.
Completa as seguintes frases do xeito máis completo posible, explicando as túas respostas. Ao longo do proxecto aprendín:
- Para aprender, utilicei as seguintes ferramentas e recursos:
- Realicei as seguintes tarefas:
- Sentínme comigo mesmo/a:
- Sentínme cos meus compañeiros e compañeiras:
- Sentínme co profesorado:
REFLEXIÓN FINAL
Unha vez rematado o proxecto, é preciso facer unha reflexión final para avaliar o desenvolvemento do mesmo. É importante coñecer o que aprendiches e cales foron as actividades e tarefas que che resultaron máis interesantes. É moi importante coñecer o que aprendimos e como. Ademais, a túas aportacións serán utilizadas como propostas de mellora para este e outros proxectos.
Para realizar a avaliación deste proxecto, contesta ás seguintes preguntas:
- Gustouche este proxecto? Por que?
- Aprendiches grazas á posta en práctica do proxecto? Explica a túa resposta.
- Gústache esta forma de traballar? Razona a túa resposta.
- Qué é o que máis che gustou?
- Qué é o que mellorarías?
Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Recoñecemento Compartir igual 4.0