HERBARIO
QUÉ É UN HERBARIO?
Os herbarios son unha ferramenta fundamental na investigación científica do mundo vexetal. Os máis antigos datan do século XVI. O obxectivo fundamental dos herbarios sempre foi almacenar e compartir material de referencia para a investigación. Ademais, serven como material educativo que permite coñecer e estudar mellor os taxons (fundamentalmente os vexetais pero tamén algas, liques e fungos) propios dun lugar. Grazas ao herbario, temos permanentemente dispoñibles exemplares de especies que na natureza aparecen na súa plenitude só de xeito estacional.
TAREFA: O NOSO HERBARIO VIRTUAL
O noso herbario terá exclusivamente fins didácticos polo que será realizado con fotografías. NON RECOLECTAREMOS ningún exemplar para minimizar o impacto ambiental do noso paso. Permitiranos coñecer mellor a diversidade vexetal do camiño a Fisterra, traballar de xeito metódico e reparar nos cambios que se van producindo na vexetación a medida que avanzamos e cambian as condicións ambientais (tanto de xeito natural, fisicoquímicas, como polos usos artificiais da terra).
EXEMPLO DE FICHA
Para elaborar o noso herbario, recompilaremos as fichas das especies requeridas. Para que a ficha dun taxon sexa completa deberá incluír:
- Fotografía/s que permitan a identificación (detalle das flores, froitos ou outras partes esenciais).
- Nome científico (nome común, se é o caso).
- Clasificación ou grupo.
- Localización aproximada e hábitat.
- Breve descrición.
- Data de elaboración.
- Nome do autor/a da determinación.
Podes seguir o seguinte exemplo para facer as fichas do teu herbario ou deseñar un modelo propio.
RECURSOS PARA A TAREFA
¿Onde podemos atopar información para o noso herbario?
Para localizar o nome científico e o común podes botar man destes recursos:
Para describir as súas características, será de moita utilidade o seguinte manual:
QUE DEBEMOS CONSEGUIR?
Para avaliar esta tarefa, utilizaremos un instrumento de avaliación que se chama rúbrica. Podes consultala antes de comenzar a actividade para coñecer o que se vai avaliar e cales son os niveis que debes acadar en cada apartado que se vai avaliar. Deste xeito será máis doado saber o que debedes conseguir exactamente co voso traballo.
Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Recoñecemento Compartir igual 4.0