Saltar navegación

TEMOS TODO PREPARADO?

A NOSA MOCHILA

Tendo en conta todo os aspectos que acabamos de traballar, toca preparar a nosa mochila con todo aquelo que necesitas para facer a ruta. Daquela, como establecer as prioridades?

  • Elabora unha listaxe cos obxectos que poden ser útiles.
  • Revisa e ten moi presente o estudo previo sobre as condicións meteorolóxicas esperables nas etapas.

Discute cos compañeiros a necesidade real de levar cada obxecto proposto, considerando o obxectivo de alixeirar ao máximo a equipaxe sen descoidar Pintura de pop art cun mono pensandoArtinfarct. Popart thinking painting (CC BY)

 Comprobade que quedan cubertos os seguintes aspectos:

  • Necesidades fisiolóxicas 1: nutrición (lembra que comer e beber non é todo!)
  • Necesidades fisiolóxicas 2: relación (roupa lixeira pero que nos permita soportar as inclemencias do tempo, bo ou malo).
  • Emerxencias.
  • Material preciso para as tarefas e actividades: bolígrafo, papel, cámara de fotos, etc.

CADERNO DE BITÁCORA

Este é o último apartado da fase preparatoria para emprender o Camiño a Fisterra. Propoñémosche que adiques un tempo á reflexión do aprendido ao longo destes días. 

    Fotografía dun caderno

Walt StoneburnerWrite in Journal (CC BY)

Abre unha nova sección no teu caderno de bitácora que se chame Preparemos a ruta!. De xeito individual contesta as seguintes preguntas:

  • Que cousas aprendín? Que che gustou máis do aprendido?
  • Con quen aprendín? Como valoras o funcionamento do grupo?
  • Que recursos utilicei? Para que me serviron?
  • Cales foron as dificultades que me xurdiron? Que dúbidas teño? Quen pode axudarme a resolvelas?

Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Recoñecemento Compartir igual 4.0