Saltar navegación

A VISTA DE PAXARO

Ata o momento estivemos a traballar con distintos tipos de mapas. Incorporamos nesta sección outra importante fonte de información xeográfica: a fotografía aérea. Estas fotografía poden ser en branco e negro ou en cor. É preciso ter en conta que a fotografía aérea pode estar distorsionada debido ao movemento do avión, ao ángulo da cámara ou ao terreo irregular. Estas distorsións sons correxidas nas ortofotos que se utilizan para elaborar mapas e medir distancias con exactitud.

Distintos tipos de mapas
Marta Coria. Tipoloxía de mapas e imaxes aéreas creado a partir de Información Xeográfica de Galicia (CC BY-SA)

TAREFA: COMO CAMBIAMOS?

A comparación entre as fotografías de distintos datas son de gran utilidade para coñecer a evolución da área de territorio a utilizar e da súa paisaxe.

Na páxina do Instituto de Estudos do Territorio da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas temos disponible numerosa información xeográfica, así como un centro de descargas no que podemos procurar distintos tipos de mapas e fotografías aéreas de distintas épocas. 

Utilizaremos neste caso as ortofotografías realizadas en 1956 a nivel estatal en colaboración co exército do aire de España e a forza aérea dos EEUU. Estas fotografías aéreas as compararemos coas imaxes satélite actuais. Selecciona as imaxes correspondentes ao territorio escollido e compáraas.

AVALIACIÓN DA TAREFA

A avaliación do informe da evolución do territorio realizarase por medio dunha rúbrica. Con este instrumento de avaliación valoraranse a organización, o interese, os contidos abordados e a calidade do traballo. Para obter un bo resultado, é importante que consultes a rúbrica antes da elaboración da tarefa. Presta especial atención aos aspectos que serán tidos en conta para a cualificación final. 

Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Recoñecemento Compartir igual 4.0