PREPAREMOS A RUTA!
Os bos pastores deciden o momento en que saen co gando pero non tanto o de regreso. Por iso é tan importante para eles levar o imprescindible no zurrón. A elección da mochila e o seu contido deben estudarse polo miúdo, de xeito que cubran as necesidades básicas que poidan xurdir durante a actividade a realizar. Non queda outra que ser previsores!
Saberás de antemán as actividades a realizar en cada etapa, o que debe traducirse no material xusto e necesario para desenvolvelas con éxito. As dúbidas e tentacións cotiás aparecen sempre que enchemos a mochila, sobre todo se aparece espazo extra, pero esta vez deberá ser diferente. O teu lombo estará moi agradecido se demostras racionalidade. O que na casa semella palla transformarase en chumbo co paso dos quilómetros. Daquela, avanza nos seguintes apartados e acertarás coa túa mochila!
Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Recoñecemento Compartir igual 4.0