Saltar navegación

CHOVERÁ?

Antes de emprender calquera viaxe ou ruta, un aspecto moi importante que debemos ter en conta é a previsión meteorolóxica. No seguinte vídeo poderemos repasar algúns dos conceptos relativos as situacións máis características en Galicia, que nos axudará a levar a cabo a tarefa proposta.

TAREFA: PREVISIÓN DO TEMPO

O tempo co que nos podemos atopar os días da nosa ruta é moi cambiante debido a numerosos factores, especialmente nesta zona próxima á costa. Será fundamental ser precavidos respecto ás condicións meteorolóxicas que teremos.

RECURSOS PARA A TAREFA

Imos utilizar dúas fontes de información diferentes para comparar e contrastar a información relativa á predicción meteorolóxica.

  • meteogalicia, páxina oficial da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas.
  • aemet, páxina oficial da Axencia Estatal de Meteoroloxía do Ministerio de Medio Ambiente

COMO AVALIAMOS A TAREFA?

A avaliación do informe meteorolóxico realizarase por medio dun rexistro de control onde deben aparecer todos os elementos indicados. Presta especial atención aos aspectos que serán tidos en conta para a cualificación final. 

Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Recoñecemento Compartir igual 4.0