Saltar navegación

A RUTA

O primeiro que debemos facer antes de emprender unha ruta é deseñar o noso itinerario. No seguinte vídeo podes ver unha serie de debuxos, feitos a man por Xurde Morán, de cada unha das etapas do Camiño a Fisterra. Nel aparecen detalladas todas as poboacións polas que atravesa a ruta, así como os distintos accidentes xeográficos do mesmo. Bota unha ollada ao vídeo, pois será un bo punto de partida para a nosa tarefa.

Xurde Morán. Mapa Camino de Santiago a Fisterra y Muxía. Licenza Youtube estándar

OS SÍMBOLOS DO CAMIÑO

As frechas amarelas, que podemos ver cada poucos metros, indican o sentido da ruta e permiten comprobar que estamos a seguir o itinerario correctamente. Pero longo do camiño atopamos distintas sinalizacións. Sen dúbida, destacando entre todas as demais, atopamos a característica cuncha de vieira, que identifica o Camiño de Santiago.

Por que cres que a cuncha representa o Camiño xacobeo? Consulta nesta páxina de información turística as distintas versións existentes para explicar a importancia da vieira na tradición xacobea. Que versión te parece máis fiable? Argumenta a túa resposta.

TAREFA: MAPEANDO O NOSO ITINERARIO

Nesta tarefa elaboraredes un mapa co itinerario do tramo ou tramos do camiño que imos abordar. Debemos ser o máis precisos posibles coas distancias a percorrer, así como coas poboacións, lugares de interese, etc.

Ademais do itinerario, é moi recomendable que coñezamos a pendente e altitudes do terreo do tramo que imos facer. Ao igual que os ciclistas cando afrontan unha dura etapa de montaña, debemos coñecer as características para poder optimizar as nosas forzas. Elaboraremos un perfil topográfico similar ao perfil dunha etapa ciclista.

 

RECURSOS PARA A TAREFA

Para a realización desta tarefa utilizaredes dúas ferramentas: OpenstreetMap e Google Earth. Os seguintes enlaces cos titoriais serán de moita axuda para levar a cabo a tarefa con éxito:

COMO SE VALORA ESTA TAREFA?

A avaliación do itinerario realizarase por medio dunha rúbrica. Con este instrumento de avaliación valoraranse a organización, o interese, os contidos abordados e a calidade do traballo. Para obter un bo resultado, é importante que consultes a rúbrica antes da elaboración da tarefa. Presta especial atención aos aspectos que serán tidos en conta para a cualificación final. 

Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Recoñecemento Compartir igual 4.0