Saltar navegación

4. Actividades complementarias

 

Función cuadrática

S28.            Atope o vértice e os puntos de corte co eixe OX das parábolas seguintes:

y = 8x2

y = x2 - 2x

y = - x2 - 2x - 1

 

S29.            Represente as seguintes funcións cuadráticas: y = 2x2, y = - x2 + 3x – 5, y= 3x2+2x.

 

S30.            Atope as coordenadas do vértice das parábolas:

y = x2 + 10x + 25

y = 2x2 - x +1

y = - x2 - 8x + 9

 

S31.            Sabemos que a función cuadrática y = ax2 + bx pasa polos puntos (-1, -5) e (1, -3). Determine o valor dos coeficientes a e b.

 

S32.            Atope a función cuadrática que ten o vértice no punto (2,-1) e pasa polo punto (0, 3).

 

Ecuacións de segundo grao

S33.            Resolva as ecuacións:

 

Problemas con ecuacións de segundo grao

S34.            Un concesionario de coches crea unha campaña publicitaria. Espera que o número y de coches vendidos (en centos) en cada ano x veña dado pola función y = 0,5 x2 - x + 1

  • Represente graficamente a función, comezando en x = 0.
  • Cal será o ano de menos vendas? Cantos coches venderá ese ano?
  • A partir de que ano se recuperan as vendas?
 

S35.            Para embaldosar un salón de 8 m de lonxitude por 6 m de largura utilizáronse 300 baldosas cadradas. Canto mide o lado das baldosas?

 

S36.            A diagonal dun rectángulo mide 10 cm. Calcula as súas dimensións se un lado mide 2 cm menos que o outro.

 

S37.            Dentro de 12 anos a idade de Pedro será a metade do cadrado da idade que tiña hai 12 anos. Cal é a idade actual de Pedro?

 

Sistemas de ecuacións

S38.            Resolva os sistemas de ecuacións.

 

 

S39.            Resolva graficamente os sistemas:

 

 

S40.            O perímetro dun triángulo rectángulo isóscele mide 16 cm e a altura mide 4 cm. Ache a medida dos lados do triángulo.

 

S41.            A suma de dous números é o dobre que a súa diferenza, e un deles é triplo do outro. Calcule o valor deses números.

 

S42.            Berta paga por dous cafés puros e tres con leite 3,45 euros; Edelmiro paga 0,30 euros menos por catro puros e un con leite. Canto vale cada tipo de café?

 

S43.            Un deportista é dez veces máis rápido correndo que nadando. Nunha proba percorre 4.410 m correndo durante 10 minutos e nadando durante 5 minutos. Con que velocidades corre e nada o deportista?

Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Recoñecemento Non-comercial Compartir igual 3.0