Saltar navegación

1.1. Descrición da unidade didáctica

Comézase co estudo das funcións cuadráticas (características e representación gráfica) en relación co número de solucións das ecuacións de segundo grao.

Abórdase logo a resolución de ecuacións de segundo grao completas e incompletas, usando a fórmula xeral ou outros métodos, cando sexa posible, e discútese a existencia de unha, dúas ou ningunha solución segundo o valor do discriminante. Despois estúdanse os métodos de resolución de sistemas de dúas ecuacións lineais con dúas incógnitas, incluíndo o método gráfico, e os casos de compatibilidade e incompatibilidade que poidan existir.

Finalmente proponse un amplo abano de problemas que se poden resolver mediante ecuacións de primeiro grao, de segundo grao e de sistemas de ecuacións lineais, para familiarizarse cos métodos alxébricos de aplicación nunha gran variedade de situacións.

Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Recoñecemento Non-comercial Compartir igual 3.0