Saltar navegación

1.3 Obxectivos didácticos

 
  • Relacionar as funcións de segundo grao coa súa representación gráfica

  • Identificar as características máis salientables na gráfica da parábola.

  • Resolver ecuacións de segundo grao completas e incompletas, e comprobar as solucións, se as hai.

  • Relacionar o número de solucións dunha ecuación de segundo grao co valor do discriminante e co número de puntos de corte co eixe OX.

  • Usar as ecuacións de segundo grao para calcular o tempo que tarda un móbil con aceleración en alcanzar unha certa posición, despexándoo da ecuación s = so + vot + ½ at2.

  • Resolver problemas mediante a formulación e a resolución da ecuación de segundo grao correspondente, e interpretar a pertinencia ou non das solucións obtidas.

  • Interpretar graficamente a solución dun sistema de ecuacións como o punto de corte das rectas asociadas.

  • Formular sistemas de ecuacións e resolvelos en problemas de encontro e alcance de móbiles, e dos ámbitos socioeconómico e científico.

Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Recoñecemento Non-comercial Compartir igual 3.0