2.1 A función cuadrática
As funcións cuadráticas son as que se expresan mediante un polinomio de grao 2:
y = ax2 + bx + c (con a ≠ 0).
A gráfica dunha función cuadrática é sempre unha parábola.
Vexámolo cun exemplo:
Un móbil parte da posición so = 2 m con velocidade inicial vo = 1 m/s e aceleración a = 4 m/s2. Debuxe a súa gráfica s/t (posición/tempo).
Solución:
-
s = 2 + t + 2 t2
t
s
0
2
1
5
2
12
3
23
4
38
5
57
A gráfica obtida é unha parábola (exactamente un arco de parábola).
A función cuadrática máis sinxela é y = x2. Vexamos a súa gráfica:
-
y = x2
x
y
- 3
9
- 2
4
- 1
1
0
0
1
1
2
4
3
9
Na gráfica anterior observamos:
-
O punto máis baixo da curva é, neste caso, o punto de coordenadas (0, 0). A este punto máis baixo chámaselle vértice da parábola.
-
A curva é simétrica respecto do eixe OY.
-
A función é decrecente para valores de x menores que cero (x < 0) e crecente para valores positivos de x (x > 0).
-
A curva é convexa: está aberta cara arriba (ten forma de V).
Utiliza o applet das funcións cuadráticas para realizar as actividades correspondentes
Compartida por albagar89 - LicenciaCC-BY-SA, GeoGebra Terms of Use
Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Recoñecemento Non-comercial Compartir igual 3.0