2.2 A ecuación de segundo grao
Temos para resolver o seguinte problema de movemento uniformemente acelerado:
Un móbil parte da posición inicial so = 3 m cunha velocidade de 10 m/s e aceleración 2 m/s2. Canto tempo tardará en pasar pola posición s = 78 m?
Solución:
Hai que despexar t e deixalo só nun membro pero... non sabemos facelo! Por iso temos que aprender agora a resolver ecuacións de segundo grao.
En que puntos cortan as parábolas o eixe OX? Podémolo saber sen as representar graficamente? Pois si que podemos: neses puntos a coordenada y vale cero; xa que logo:
y = 0 = ax2 +bx + c
Así que para saber o valor de x nos puntos de corte atopámonos de novo co problema de resolver unha ecuación de segundo grao. Vexamos xa como se fai.
Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Recoñecemento Non-comercial Compartir igual 3.0