8 Glosario
-
A
Amplitude de onda
Máxima distancia de separación das partículas da substancia pola que avanza a onda mecánica medida desde a súa posición central de equilibrio.
-
C
Converxente (lente)
Nunha lente converxente os raios refractados tenden a xuntarse, de xeito que se cruzan nun punto chamado foco imaxe. As lentes converxentes son máis longas no centro que nos extremos.
-
D
Decibel
Unidade de medida da intensidade subxectiva do son. Calcúlase coa expresión
, onde I é a intensidade da onda en W/m2.
Difusa (reflexión)
Reflexión que se produce nunha superficie rugosa (non lisa), de xeito que os raios reflectidos non son paralelos, espallándose en todas as direccións.
Diverxente (lente)
Neste tipo de lente os raios emerxentes tenden a separarse e non se cruzan en punto ningún. As lentes diverxentes son máis estreitas no centro que nos extremos.
-
E
Eco
Reflexión do son nun obxecto o suficientemente distante como para que o noso oído o perciba como diferente do son orixinal.
Especular (reflexión)
Reflexión que se produce nunha superficie moi lisa, de xeito que se os raios incidentes son paralelos os reflectidos tamén son paralelos entre si.
-
F
Foco
Lugar onde se produce a onda. As ondas avanzan afastándose do foco.
Frecuencia
Número de veces que se repite un suceso cada segundo de tempo. Nas ondas, a frecuencia é o número de oscilacións completas que se producen nun segundo. Mídese en hertzs (Hz).
-
H
Hertz (Hz)
Unidade de frecuencia no Sistema Internacional de Unidades. Un hertz corresponde a unha frecuencia dunha oscilación cada segundo.
-
I
Índice de refracción
É o cociente entre as velocidades dunha onda en dúas substancias ou medios diferentes:
.No caso da luz, o índice de refracción absoluto é o cociente entre a velocidade da luz no baleiro (300 000 km/s) e a velocidade da luz nunha substancia:
.Intensidade sonora
Enerxía transportada polo son cada segundo que atravesa unha superficie dun metro cadrado. Mídese en W/m2 (watts por metro cadrado). A intensidade sonora subxectiva (a que percibe o noso cerebro) mídese en decibeis.
-
L
Lonxitude de onda
Distancia que avanza a onda entanto que efectúa unha oscilación. Tamén é a distancia entre dous máximos ou dous mínimos da onda consecutivos.
-
O
Onda electromagnética
Onda producida pola oscilación dun campo eléctrico e un magnético asocidados. Non necesitan ningún medio material para poder propagarse.
-
O
Onda lonxitudinal
Neste tipo de ondas as partículas do medio móvense adiante e a atrás na mesma dirección que a do avance da onda.
Onda mecánica
Onda producida pola oscilación de partículas con masa.
Onda sonora
Onda mecánica lonxitudinal. Os humanos percibimos (usualmente) as de frecuencias abranguidas entre 20 e 20 000 Hz.
Onda transversal
Neste tipo de onda as partículas da substancia oscilan en dirección perpendicular á do avance da onda.
-
R
Reflexión
Cambio brusco na dirección e no sentido de avance dunha onda que se produce cando incide na superficie dun corpo. A onda reflectida propágase polo mesmo medio que a onda incidente orixinal.
Refracción
Cambio brusco na dirección de avance dunha onda cando atravesa a superficie de separación de dous medios diferentes. Está orixinado pola diferente velocidade da onda nas dúas substancias.
Reverberación
Reflexión do son nun obxecto próximo de xeito que o noso oído non percibe como distintos o son orixinal e o reflectido.
-
T
Timbre
Calidade do son relacionada coa forma particular da onda sonora, como consecuencia da superposición de ondas harmónicas de diferentes frecuencias.
Ton
Calidade do son relacionada coa frecuencia do son. Frecuencias diferentes teñen tons distintos.
-
V
Velocidade de onda
Velocidade coa que a onda se propaga polo medio.
Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Recoñecemento Non-comercial Compartir igual 3.0