Saltar navegación

2.2.2 Contaminación luminosa

É a emisión de luz procedente de fontes artificiais nocturnas con intensidades, direccións ou frecuencias excesivas para as actividades previstas nas zonas que se iluminan. Provocan adoito unha brillantez artificial nos ceos nocturnos, sobre todo nas grandes vilas. Como resultado, a escuridade natural do ceo diminúe e desaparecen as luces da lúa, estrelas e planetas. Na contra, aparece unha capa de cor gris ou laranxa enriba das cidades; a abundancia de partículas en suspensión producidas pola contaminación química aumenta a dispersión da luz, de xeito que a máis contaminación química máis contaminación luminosa.

 

 1  2

 

En xeral é luz desaproveitada, xa que iluminar o ceo é malgastar enerxía. Tamén dificulta moito as observacións astronómicas, obrigando ao traslado dos telescopios a zonas montañosas lonxe das cidades, onde o ceo aínda é escuro e libre de luces artificiais.

Convén evitar o criterio de que canta máis luz mellor, xa que iso non implica nin maior seguridade nin maior visibilidade. Podemos conseguir unha menor contaminación luminosa do ceo empregando ben as lámpadas e as luminarias, tanto na rúa como no interior das nosas vivendas. Observe os gráficos seguintes:

 

 3  4
 5  6

 

Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Recoñecemento Non-comercial Compartir igual 3.0