Saltar navegación

5 Actividades complementarias

 

Ciencias da natureza

S16. Na lúa non hai aire. Estando alí, se unha persoa está a 1 m de distancia e nos fala, oiremos o que di? E se a 20 m estoupa unha bomba, oirémolo? Explíqueo.

S17. A mínima distancia á que debe estar unha parede para que o son se reflicta e se produza eco é de 17 metros. Calcule o tempo necesario para que se perciba o eco, tomando como dato a velocidade do son no aire de 340 m/s.

S18. Se levásemos unha enorme campá á Lúa, a que distancia dela poderiamos escoitar as badaladas?

S19. Propágase o son en todos os materiais? Propágase nun bloque de plastilina?

S20. Para localizar as súas presas, os morcegos emiten ultrasóns e reciben o seu eco. Como saben a que distancia están as presas?

 

S21. As palabras da esquerda están relacionadas coas da dereita, pero están desordenadas. Relacióneas por parellas colocando cada letra no lugar axeitado:

 

A

  • Intensidade

  • Son

B

  • Frecuencia

  • Reflexión

C

  • Movemento

  • Decibeis

D

  • Eco

  • Refracción

E

  • Espello

  • Enerxía

F

  • Lente

  • Ton

G

  • Luz

  • Reflexión

 

 

 

S22. Que sensación sonora produce un ruído de 120 dB?

S23. Se cae un raio e se escoita un trono tras sete segundos, a que distancia está a tormenta?

S24. Como veriamos unha habitación en que todos os obxectos absorbesen completamente a luz?

S25. Dise que unha persoa que teña moitas dificultades de audición pode oír o piano apoiando o extremo dun bastón no piano e o outro extremo na súa orella ou entre os dentes. Podería ser certo isto? Por que?

S26. Nos estudos de acústica (ciencia que estuda o son) úsase ás veces unha sala anecoide (ou anecoica). Que é? Como se consegue?

S27. Cal é o índice de refracción do alcohol sabendo que a luz se move a través del cunha velocidade de 220.588 km/s?

S28. Calcule a que distancia se atopa o fondo dun val se o noso eco tardamos en oílo 0,8 segundos

S29. Calcule a que distancia está un banco de peixes que localizou o sonar dun barco, sabendo que o tempo transcorrido desde a emisión do son ata a recepción do eco é de 0,3 segundos (velocidade do son na auga = 1500 m/s).

S30. Por que rompen os vidros próximos ao lugar en que se produce un estoupido?

 

Matemáticas

S31. Escriba unha ecuación para cada enunciado:

      • O triplo dun número é igual a 36.

      • A metade dun número vale 50.

      • O dobre dun número mais 20 é igual a 16.

      • A cuarta parte dun número menos 22 dá 12.

      • A diferenza entre o cuádruplo dun número e a súa metade é 8.

 

S32. Indique se estas igualdades alxébricas son certas cando x = 2:

 1

 

S33. Diga cales das identidades seguintes son igualdades e cales ecuacións:

 1

 

S34. Resolva as ecuacións seguintes.

1

 

S35. Resolva as ecuacións de primeiro grao:

1

 

S36. Se ao triplo dun número lle quita 12, quedan 48. Cal é o número?

S37. Se a certa cantidade lle resta a súa terceira parte e logo lle suma a súa quinta parte, ten 13 como resultado. Cal é esa cantidade?

S38. A suma dun número mais o dobre dese número dá 45. Cal é o número?

S39. O perímetro dun rectángulo é 400 m. Calcule a lonxitude dos seus lados, sabendo que a base é 2 m maior que a altura.

S40. A suma de dous números consecutivos é 113. Cales son eses números?

S41. Un quilogramo de mazás custa 0,50 euros máis que un de laranxas. Edelmira mercou tres quilogramos de laranxas e un de mazás por 5,30 euros. A como están as laranxas? E as mazás?

S42. Aurora ten 200 euros de paga semanal e gasta 150 euros cada semana. Quere mercar unha pantalla de televisión LCD que custa 600 euros. Cantas semanas tardará en poder mercala?

S43. Por cada día de retraso no pagamento dunha sanción de tráfico hai que pagar tres euros de recarga. Xulio ten unha multa por adiantar en liña continua. Cantos días se atrasou no pagamento se pagou 156 euros en vez de 105 euros?

S44. Ana ten 25 anos menos que seu pai, e 26 anos máis que seu fillo; entre os tres suman 98 anos. Cal é a idade de cada un?

S45. Cómpren 210 m de arame para cercarmos unha leira rectangular que é o dobre de longo que de largo. Canto miden os lados da leira?

S46. Busque un número cuxo dobre mais cinco unidades sexa igual ao seu triplo menos dez unidades.

 

S47. A suma de dous números é 100, e a súa diferenza é 44. Cales son os dous números?

S48. Na selva hai dobre número de tigres que de leóns. Se en total hai 159 animais, cantos leóns e cantos tigres hai?

S49. A suma de tres números consecutivos é 141. Ache eses números.

S50. Se á cuarta parte dun certo número se lle restan tres unidades, obtense a súa quinta parte. Cal é ese número?

S51. Un repolo custa dez céntimos máis ca unha leituga. Tres leitugas e catro repolos custan seis euros. Canto custa un repolo? E unha leituga?

S52. A suma de dous números é 50, e un deles é a cuarta parte do outro. Determine cales son eses dous números.

S53. Tres persoas A, B e C gañaron 3201 euros que se van repartir así: A levará 200 euros máis que B, e B 200 euros máis que C. Canto diñeiro leva cada unha?

S54. Nunha clase os 3/7 do alumnado son mulleres e hai 16 homes. Cantas mulleres hai?

S55. Unha persoa fai a cuarta parte da súa viaxe en coche, a sexta parte en autobús, tres oitavas partes en bicicleta e os derradeiros 40 km camiñando. Cal é a lonxitude da viaxe completa? Cantos quilómetros percorreu en autobús?

S56. Xaquín mercou dous pantalóns e tres camisas, e pagou 195 euros. Cada pantalón custa vez e media o que custa unha camisa. Calcule o prezo dun pantalón e o dunha camisa.

S57. Reparta 360 euros entre tres persoas, de xeito que a primeira reciba o triplo que a segunda, e esta o dobre que a terceira.

S58. Luís adéstrase aumentando o percorrido de xeito que cada día camiña 1 km máis que o día anterior. En sete días percorreu un total de 42 km. Cantos quilómetros percorreu o último día?

Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Recoñecemento Non-comercial Compartir igual 3.0