Saltar navegación

6.2 Solucións dos exercicios de autoavaliación

1. Clasifique os fenómenos seguintes como ondulatorios ou non ondulatorios:

  • [NON] O movemento dun balón de fútbol.

  • [SI] O son dun violín.

  • [SI] A luz procedente dunha laranxa.

  • [SI] O movemento dun bambam.

2. Cando a luz do sol chega á pel dunha persoa:

  • Absórbese unha parte da luz.

  • Reflíctese unha parte da luz.

  • Refráctase unha parte da luz

  • Absórbese toda a luz

3. A reflexión especular e a reflexión difusa distínguense:

  • Na direccións dos raios de luz incidentes.

  • Na dirección dos raios reflectidos

  • Na dirección dos raios refractados.

  • Non se distinguen en nada, é o mesmo fenómeno.

4. O funcionamento dun radar baséase:

  • Na reflexión das ondas sonoras.

  • Na reflexión das ondas electromagnéticas

  • Na refracción das ondas sonoras.

  • Na refracción das ondas electromagnéticas.

5. A luz reflectida por unha folla de papel que vemos branca:

  • Contén todas as cores visibles.

  • Só contén luz dunha única frecuencia.

  • Provén dunha refracción difusa (non especular).

  • Todas as respostas anteriores son falsas.

 

6. A zona do ollo onde son desviados os raios de luz é:

  • A retina.

  • O cristalino.

  • A córnea.

  • O nervio óptico.

7. Se tocamos unha guitarra na Lúa:

  • Non oiremos nada porque non hai aire.

  • Se tocamos lixeiramente co dedo a caixa de madeira da guitarra notaremos que vibra.

  • Se a tocamos lixeiramente non notaremos que vibra porque na lúa non hai aire.

8. Respecto das calidades do son:

  • O timbre está relacionado coa intensidade da onda.

  • O ton está relacionado coa lonxitude de onda.

  • O ton está relacionado coa frecuencia da onda.

  • Os decibeis miden a intensidade da onda sonora.

9. A luz móvese polo aire cunha velocidade aproximada de:

  • 340 m/s.

  • 320 m/s.

  • 340 km/h.

  • 300.000 km/h.

  • 300.000 km/s.

10. A solución da ecuación  é:

  • x = -6

  • x = 6

  • x = -2

  • x = 0

 

11. Os valores x1 = -2 e x2 = 5 son solucións da ecuación:

  • x2 + 2x - 5 = 0

  • x2 - 3x - 10 = 0

  • x2 - 2x + 5 = 0

  • x2 + 3x - 10 = 0

12. A solución da ecuación é:

  • 2/7

  • 7/2

  • -7

  • -2

13. Un pai ten o dobre de idade que a súa filla. Dentro de 10 anos a suma das idades dos dous será de 80 anos. A idade da filla hoxe é de:

  • 10 anos.

  • 15 anos.

  • 20 anos.

  • 30 anos.

14. Eu gaño o dobre que Xiana, e esta vez e media máis que Antía. Entre os tres gañamos 2.200 euros. O soldo de Antía é de:

  • 1.200 euros.

  • 600 euros.

  • 400 euros.

  • 2.200 euros.

Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Recoñecemento Non-comercial Compartir igual 3.0