Saltar navegación

2.2.1 Contaminación acústica

 Un dos moitos problemas que padecen as persoas que viven nas cidades e zonas industriais é o da contaminación sonora, producida polo tráfico de coches, camións e motos, máquinas industriais, avións nas zonas próximas aos aeroportos, discotecas, ferrocarrís... 

 2  3

 A lexislación europea acepta como límite máximo 65 decibeis durante o día e 55 pola noite. Pero nas cidades estes límites son superados amplamente. Xapón é o país que ten unha maior porcentaxe da poboación exposta a altos niveis de ruído, seguido de España, onde máis de nove millóns de persoas soportan niveis de ruído superior aos 65 dB.

A exposición continuada a ruídos intensos provoca a perda progresiva da capacidade auditiva, de xeito que cando a notamos pode ser demasiado tarde. Ademais, dificulta ou impide durmir ben, producindo fatiga e alteracións psíquicas; dificulta a concentración e a atención, e pode provocar accidentes laborais.

Tamén produce irritabilidade, estrés, alteracións no ritmo cardíaco e molestias gastroduodenais. A xordeira pode producirse por frecuentar ambientes ruidosos de 90 dB ou máis. A lexislación española que regula a protección dos traballadores contra os riscos da exposición aos ruídos está recollida no Real decreto 286/2006, do 10 de marzo.

Medidas contra a contaminación acústica

 

Medidas pasivas

Medidas activas

 5  6

Non eliminan as fontes sonoras emisoras de ruído, pero intentar amortecer o seu impacto, utilizando cascos que protexen os oídos, pantallas acústicas para o ruído do tráfico, barreiras verdes (vexetación), ou illamento acústico de locais (discotecas, salas de concertos)...

Intentan eliminar os focos de ruído ou diminuír a súa intensidade sonora, como os silenciosos de motos e coches, as campañas para utilizar o transporte colectivo (menos coches e motos nas rúas), a prohibición de usar o bucinas...

 

Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Recoñecemento Non-comercial Compartir igual 3.0