1.3 Obxectivos
-
Identificar fenómenos de natureza ondulatoria e, en particular, a luz e o son.
-
Explicar feitos como a reflexión e a refracción da luz ou a reflexión do son á luz da súa natureza ondulatoria.
-
Interpretar o resultado de experiencias de propagación da luz en que se utilicen espellos e lentes.
-
Recoñecer a luz branca como suma das cores que a compoñen.
-
Relacionar luz e son co funcionamento dos órganos da visión e do oído.
-
Diferenciar as calidades de varios tipo de son.
-
Interpretar o resultado de experiencias de propagación e reflexión do son.
-
Coñecer as principais aplicacións prácticas relacionadas coa luz e o son para a sociedade: instrumentos ópticos, luminosos, sonoros, etc.
-
Valorar problemas derivados da contaminación acústica e luminosa e as súas solucións.
-
Saber utilizar letras para simbolizar cantidades descoñecidas e traducir expresións da linguaxe cotiá á alxébrica e viceversa.
-
Interpretar o significado das ecuacións e das solucións dunha ecuación.
-
Resolver ecuacións de 1º grao por transformación das ecuacións noutras equivalentes.
Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Recoñecemento Non-comercial Compartir igual 3.0