6.1 Solucións das actividades propostas
S1.
Unha onda é a transmisión dun movemento oscilatorio ou vibratorio e de enerxía, sen transporte de materia.
S2.
As ondas transportan enerxía; así, por exemplo, a onda expansiva dun estoupido fai que rachen cristais arredor, o que quere dicir que a onda do estoupido ten enerxía cinética. As ondas non transportan materia.
S3.
As ondas mecánicas necesitan dunha substancia pola que se propagar e avanzar (auga, aire, corda, etc.) e as ondas electromagnéticas para avanzar non precisan unha substancia material pois poden transmitirse no baleiro.
S4.
-
Nas ondas transversais as partículas da substancia móvense en dirección perpendicular á dirección do avance da onda, por exemplo as ondas que se producen ao caer unha pedra na auga dun estanque.
-
Nas ondas lonxitudinais, os puntos do medio que vibra móvense na mesma dirección que a do avance da onda, por exemplo un resorte que se comprime e estira varias veces, no que cando a onda chega a un punto, este móvese cara a diante e cara a atrás.
S5.
Tanto a luz como o son, son fenómenos que se propagan mediante ondas. As ondas do son requiren dun medio material para se propagar como o aire ou a auga. Con todo, as ondas da luz (electromagnéticas) poden propagarse tanto nun medio material como no baleiro.
S6.
Que exista unha fonte sonora natural ou artificial que xere o son, e que esta fonte sonora que produce as vibracións non se encontre no baleiro.
S7.
-
Fontes sonoras naturais: a voz humana, o canto dun paxaro, ruído da tormenta.
-
Fontes sonoras artificiais: o timbre da porta, notas dun instrumento musical, un altofalante.
S8.
O son é a propagación de vibracións e enerxía que se transmite de xeito lonxitudinal a través das moléculas dun medio como pode ser o aire, desde a fonte de son ata o receptor.
S9.
Sabemos que o son no CO2 vai a unha velocidade de 260m/s. Se aplicamos a ecuación e= v.t, temos: e = 260.10 = 2600m
S10.
Para que as partículas do aire, da auga… vibren e transmitan o son, deben moverse. Para iso reciben e transmiten enerxía cinética, que é a enerxía asociada ao movemento. A rotura de cristais producida por unha explosión amosa que as ondas sonoras teñen enerxía.
S11.
-
O eco: efecto polo que oímos dúas ou máis veces o mesmo son desde o punto onde se produciu. Para producirse o son ten que reflectirse nun obstáculo situado a unha distancia mínima de 17 metros do emisor.
-
A reverberación: efecto que se produce cando entre o emisor e o obstáculo onde se reflicte o son hai menos de 17 m de distancia. O son emitido mestúrase co reflectido e prodúcese un resultado sonoro incómodo, que é a reverberación.
S12.
O timbre, a intensidade e o ton de cada un destes sons.
S13.
Son ondas sonoras cuxa frecuencia está por riba do espectro audible do oído humano. Empréganse en aparellos como o sonar e o ecógrafo.
S14.
Sabemos que:
![]()
c = 300.000 km/s; daquela a velocidade será v = 300.000/1,40; v = 215.714,28 km/s.
S15.
Prodúcese cando os raios de luz atopan unha superficie opaca (non só nos espellos) que reflicte a luz e vólvea ao medio do que procede.
Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Recoñecemento Non-comercial Compartir igual 3.0