Saltar navegación

4 Resumo de contidos

  • O movemento vibratorio ou oscilatorio é o que ten lugar en torno a unha posición central, con igual desprazamento a ambos os desta.

  • Unha onda é a transmisión dun movemento oscilatorio ou vibratorio e de enerxía pero sen transporte de materia. Hai ondas que necesitan de materia para se propagar e outras, as ondas electromagnéticas, non precisan desta substancia, transmítense no baleiro.

  • O son transmítese en forma de ondas e necesita dun medio para propagarse. A luz transmítese en forma de onda electromagnética e, por tanto, propágase no baleiro.

  • Son fontes sonoras todos os aparellos, instrumentos ou elementos da natureza que xeran son.

  • O son propágase e liña recta e, por tanto, reflíctese cando encontra unha superficie que impide o seu paso. Dous fenómenos debidos á reflexión do son, son o eco e a reverberación.

  • Os diferentes sons caracterízanse pola súa intensidade, o seu ton e o seu timbre.

  • O uso de ultrasóns ten aplicacións prácticas moi importantes na vida actual, como o uso do sonar ou ecógrafos

  • A luz é unha onda que se propaga en liña recta en todas as direccións do espazo. Tamén é enerxía radiante.

  • A desviación da luz débese aos efectos de reflexión ou refracción que sofren os raios luminosos ao longo da súa traxectoria.

  • As fontes de luz poden ser naturais e artificiais. A luz branca contén todas as cores do arco da vella.

  • Unha das aplicacións máis útiles da refracción son as lentes e os aparellos que as utilizan: lentes para os ollos, obxectivos das cámaras fotográficas, vídeo e televisión, telescopios, microscopios e prismáticos. Unha das aplicacións máis importantes das lentes é a corrección dos defectos de visión do ollo, como a miopía e a hipermetropía.

  • A contaminación acústica e a luminosa son fenómenos que deben evitarse en prol do aforro de enerxía e o benestar.

  • Identidade. É unha igualdade que sempre é certa, calquera que sexan os valores das letras. Exemplo: a + a = 2a

  • Ecuación. É unha igualdade que só é certa para algúns valores das letras. Exemplo: a + a = 8. Cada monomio é un termo; o grao da ecuación é o maior dos expoñentes da incógnita. O termo independente é o que non contén a incógnita.

  • Solución dunha ecuación. Os valores numéricos da incógnita que fan certa a ecuación.

  • Resolución de problemas mediante ecuacións. As ecuacións son útiles para resolver problemas. Hai que identificar cal é a incógnita, escribir unha ecuación coa condición do problema en linguaxe alxébrica, resolver a ecuación, e finalmente comprobar que a solución encontrada cumpre as condicións impostas no texto do problema.

Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Recoñecemento Non-comercial Compartir igual 3.0