Saltar navegación

6. Glosario

 

D

  •  Dereitos humanos

Dereitos inherentes a todos os seres humanos, sen distinción ningunha de nacionalidade, lugar de residencia, sexo, orixe nacional ou étnica, cor, relixión, lingua, etc. Estes dereitos reflicten o conxunto de valores admitidos por toda a cidadanía, que permite a convivencia pacífica e o desenvolvemento xeral.

  •  Dereitos inalleables

Os que ninguén nos pode quitar (por exemplo, o dereito á vida).

  •  Dereitos naturais

Base da lexitimidade política. Un poder é lexítimo cando respecta os dereitos naturais dos membros da colectividade. Estes dereitos son inherentes á persoa e superiores a calquera obriga política. Son os de liberdade, igualdade e propiedade. A liberdade garante todos os dereitos (liberdade de opinión, de pensamento, de conciencia, de expresión, ...). A igualdade supón que todos os cidadáns gozan das mesmas condicións para os dereitos naturais. A propiedade permítelle ao cidadán alcanzar a felicidade por medio de iguais oportunidades no terreo económico.

  •  Directorio

Réxime moderado que mantivo as conquistas esenciais da Revolución. Poder executivo en cinco membros.

 

E

  •  Estado de dereito

País que se rexe por unha constitución, que garante as liberdades, os dereitos e os deberes da cidadanía.

  •  Estado federal

Confederación de estados autónomos que depende dun poder central.

 

L

  •  Liberalismo político

É unha filosofía política que afunde as súas raíces no racionalismo do século XVIII e dá os seus principais froitos no século XIX. Nace como reacción contra o Antigo Réxime, cuxa organización política, económica e social pretende derrocar. Busca a súa substitución por unha sociedade nova, baseada nos principios do liberalismo: un Estado baseado na defensa das liberdades individuais, na promulgación dunha constitución, na separación de poderes, na aconfesionalidade e no ensino laico.

 

N

  •  Nación

Comunidade de individuos con lingua e cultura comúns que reclaman o dereito á autodeterminación e a decidir o seu destino político.

 

  O
  •  Orde privilexiada

Encadra a nobreza e o alto clero (segundo e primeiro estado).

 

R

  •  Restauración

Período da historia europea comprendido desde a caída de Napoleón (1815) ata mediados do século XIX (1848). Restableceu o absolutismo e o mapa de Europa anterior á Revolución Francesa. En España denomínase Restauración o período posterior á Primeira República, no que se restableceu a monarquía na persoa de Afonso XII.

  •  Revolución política

Cambio brusco e rápido do sistema político e das ideas de goberno.

 

S

  •  Soberanía popular

O poder emana do pobo, que o exerce por medio do sufraxio universal.

 

T

  •  Terceiro Estado

Tamén chamado o común, en oposición ao primeiro (clero) e ao segundo (nobreza). Abranguía todos os individuos que non pertencían aos estamentos privilexiados. Sobre eles recaía o peso dos impostos.

 

X

  •  Xirondinos

Representantes da burguesía moderada, defensores da descentralización administrativa e da república. Foron moi activos na segunda fase da revolución (Convención Xirondina).

  •  Xacobinos

Tiveron a súa maior forza en París, contaron co apoio das clases populares urbanas (sans-cullottes). Moi activos na segunda fase da revolución (Convención Xacobina). Encabezaron a época do terror.

 

 

Licenciado baixo a Creative Commons Attribution Non-commercial Share Alike License 3.0