Saltar navegación

5.2 Solucións das actividades complementarias

S23.             

Considerada a constitución escrita máis antiga, recoñece a separación de poderes; un sistema político republicano, con amplos poderes para o presidente e unha estrutura federal. Cada Estado ten o seu propio Goberno, con competencias en asuntos de policía, xustiza, ensino, etc. Por riba deles está o Goberno Federal, con competencias en asuntos exteriores, defensa, finanzas, moeda, ... Complétase cunha Declaración de Dereitos, que garante a liberdade de relixión, prensa, expresión, xuntanza, petición e o dereito a ser xulgado por un xurado.

S24.             

  •  Feito representado

David: Xuramento do Xogo da Pelota. Sala dos Menus- Plaisirs, en Versalles.

  • En que momento?

Maio de 1789, o rei reúne os Estados... é o preludio da Revolución.

  • Causas do feito.

A grande crise financeira polas débedas do Estado, a falta de alimentos e a suba de prezos, o excesivo gasto da Corte e o Goberno, e un sistema fiscal arcaico, que só obrigaba o Terceiro Estado a contribuír economicamente. O rei pretendía obrigar a todos os estamentos a contribuír cos impostos.

  •  Acordos tomados.

Desaparición da organización xurídica estamental e pon o fin á monarquía absolutista. É un compromiso de dotar a Francia dunha constitución.

  •  Conversión en Asemblea Nacional

Os privilexiados querían un voto por estamento e o Terceiro Estado un voto por persoa, proposta que fracasou, polo que o Terceiro Estado se separou, reuníndose no “Xogo da Pelota”. Acórdase a desaparición dos estamentos e a creación dunha Asemblea única en representación de todo o pobo. Siéyes propón que sexa definida como Asemblea Nacional.

  •  Consecuencias.

O levantamento popular, a Toma de La Bastille e o inicio da Revolución Francesa, considerado o punto de partida da historia contemporánea.

  •  Desenvolvemento .

Sucesión no poder dos xirondinos moderados e xacobinos exaltados; ascensión ao poder de Napoleón Bonaparte, ...

  •  Personaxes da imaxe.
 
  •  Mirabeau (de pé, á dereita tapado polo home que prega, un dos heroes de 1789, que logo foi considerado un traidor).
  •  Bailley (personaxe ao que todos miran e dirixen os seus brazos. El ergue o brazo tentando calar ao público e ler a declaración); tres cregos (1 cartuxo e outro protestante) apértanse;
  •  Robespierre (primeiro plano á dereita, de pé coas mans sobre o peito); o único opositor ao xuramento, Martin-Dauch, sentado á dereita de todo, contraído; o home vestido de branco, tras Robespierre, é un amigo do pintor que non participou no acto; tamén incluíu os seus fillos, na primeira ventá da dereita.

S25.             

  • Vitorias de Maxenta e Solferino (xuño de 1859 - Italia).
  • Nacemento do Segundo Reich (18 de xaneiro de 1871 - Alemaña).
  • Creación da Confederación Xermánica (1867 - Alemaña).
  • Batalla de Sadowa (3 de xullo de 1866 - Alemaña).
  • Anexión dos Estados Pontificios ao reino de Italia (20 de setembro de 1870).
  • Anexión de Venecia ao reino de Italia (3 de outubro de 1866 - Italia).
  • Batalla de Sedán (1 de setembro de 1870 - Alemaña).
  • O reino de Piemonte-Sardeña adquire Lombardía (1859-1861. Italia).
  • Unión alfandegueira Prusia-outros estados (1 de xaneiro de 1834 -Alemaña).
  • Conquista do reino das dúas Sicilias por Garibaldi (1860 - Italia).

S26.             

Constit.

Ideoloxía

Soberanía

Separacións de poderes

Dereitos, deberes e liberdades

1812

Liberal. Nas Cortes de Cádiz reuníronse e acordaron a constitución: absolutistas ou conservadores, liberais jovellanistas

Nacional

–  Executivo: Rei

Liberdade de prensa (parcial); contribución única para todos os sectores sociais; dereitos individuais: igualdade ante a lei, inviolabilidade de domicilio, liberade de imprenta, propiedade individual, educación elemental. Sufraxio universal masculino. Deberes: obediencia á lei, respecto á autoridade, contribución á Facenda, defensa da patria.

–  Lexislativo: Cortes

–  Xudicial: Tribunais de xustiza.

1837

Consenso entre os moderados e os progresistas

Das Cortes e do rei. O rei

–  Executivo: o rei nomea o goberno.

Afírmanse os dereitos individuais (asociación o de imprenta, con condicións); permisividade relixiosa. O Estado manterá o culto pola desamortización.

–  Lexislativo: Cortes bicamerais.

–  Xudicial: en teoría conserva a súa independencia.

1845

Liberal moderada

Das Cortes (dúas cámaras: Congreso e Senado) co rei.

–  Non se recoñece separación de poderes

Estado confesional. Considerada unha reforma da de 1837, conserva os mesmos dereitos que aquela.

1869

Progresista. Considerada a primeira constitución democrática.

Soberanía Nacional

–  Executivo: Monarca

Avanzada declaración de dereitos individuais para todos. Sufraxio universal masculino, liberdade de imprenta e de culto, de asociación, ... Abolición dos señoríos.

–  Lexislativo: As Cortes

–  Xudicial: Tribunais de Xustiza

1876

Conservadora

Compartida entre o rei e as Cortes.

–  Executivo: a Coroa nomea presidente e ministros

 

Limitados polas leis ordinarias. Sufraxio censatario; en 1890 pasa a ser universal masculino. Estado confesional católico, aínda que se toleran outras relixións.

–  Lexislativo: Cortes bicamerais e Rei

–  Xudicial: Xuíces elixidos por oposicións.

 

 

S27.             

Reflicten o bipartidismo e as quendas de partidos, coas caricaturas de Cánovas e Sagasta (comendo o caldo gordo... vivindo de repartirse o poder, mentres traballa o pobo esquecido, reflectido na moza. O sistema consistía en que os dous grupos políticos establecían quendas ordenadas de reparto do poder: ambos eran monárquicos e procapitalistas. O sistema era un engano, unha falsificación dos resultados electorais; o seu obxectivo era impedir que os partidos obreiros e republicanos chegaran ao poder. O sistema parlamentario e as eleccións eran ficción, pois o rei encargaba alternativamente a formación de goberno aos dous partidos; quen convocaban eleccións gañábaas e relevaba no poder ao outro. O creador do sistema foi Antonio Cánovas del Castillo.

 

 

Licenciado baixo a Creative Commons Attribution Non-commercial Share Alike License 3.0