Saltar navegación

5.1 Solucións das actividades propostas

S1.

 

S2.

 

Gran Bretaña, debido ás necesidades económicas agravadas polas súas continuas loitas con Francia, incrementou os impostos sobre os habitantes das colonias, especialmente sobre o té. Contrarios a estas novas taxas, e ao non se sentiren representados polo goberno inglés, os habitantes das colonias americanas negáronse a acatar esas leis e levantáronse en motín contra a entrada de té inglés nas colonias.

 

S3.             

 

Considerada a primeira declaración moderna dos dereitos humanos, aínda que recoñece como antecedente a “Carta de Dereitos Inglesa” (1689). Nela recóllense os dereitos á vida, á liberdade, a posuír propiedades, ao “debido proceso” (dereito a ser oído por un xuíz), xuízos por xurados, liberdade de prensa e relixión, a división de poderes. Non recoñecía os dereitos para as mulleres e convivía coa escravitude.

 

S4.             

 

Washington

 

 

 

Jefferson

 

 

Franklin

 

S5.             

 

A sociedade do Antigo Réxime organizábase en estamentos (privilexiados e non privilexiado). Os privilexiados subdividíanse en grupos (nobreza e clero); e o non privilexiado ou Terceiro Estado constituía un grupo heteroxéneo, formado pola burguesía, o campesiñado, .... Nobreza e clero estaban exentos do pagamento de impostos, posuían a terra, dispuñan de sistemas xudiciais propios e numerosos dereitos feudais e señoriais. Os integrantes do Terceiro Estado vivían do comercio, do traballo artesán, agrícola, ... carecían de dereitos políticos, pagaban moitos impostos, etc.

 

S6.             

 

Os privilxiados vivían de rendas, do traballo do Terceiro Estado. Temían perder o seu prestixio e posición social ante o crecente ascenso, especialmente económico, deste. Coas ideas ilustradas tamén se buscaba a equiparación legal e político, o que non lles interesaba.

 

S7.             

 

  

O nome procede do “culotte”, prenda que levaban os privilexiados no século XVIII, que o substituían polos pantalóns longos (como se aprecia na imaxe). O traxe revolucionario estaba formado por unha casaca, chamada Carmagnole; un pantalón longo, chamado sans-culotte; unha escarapela tricolor, o gorro frixio e unhas zocas.

As mulleres vestían tecidos lixeiros de aspecto natural, cinturas altas, brazos espidos e corpiños curtos.

As súas armas era calquera coitelo ou pau que puidesen atopar.

Lema da revolución: “Liberdade, igualdade e fraternidade ou morte”. A guillotina ou o patíbulo, como símbolo de xustiza contra os representantes do Antigo Réxime.

  • § Gorro frixio (figura dereita): é o que durante a antigüidade clásica se entregaba aos escravos manumitidos e é, por iso, símbolo da liberdade.
  • § Escarapela tricolor (no centro do gorro superior central): símbolo da milicia parisina antes da Toma de La Bastille. O azul e o vermello son as cores de París, logo engadíuselle o branco (símbolo da monarquía) para lucila na cerimonia de revista do exército por parte de Luís XVI.
  • § Bandeira tricolor.

S8.             

  • § Causas: os grandes gastos da Corte; endebedamento do estado polas enormes cantidades que precisaba o exército para as súas loitas; a ascensión da burguesía e a decadencia paulatina dunha ríxida monarquía; o espallamento das ideas ilustradas, que triunfaran coa independencia das 13 colonias británicas en América; crise económica pola alza dos prezos dos produtos básicos; etc.
  • § Fases: Estados Xerais (Toma de La Bastille); monarquía constitucional; a revolución nas mans do moderados ou xirondinos; a revolución nas mans dos xacobinos ou exaltados;; o Directorio; o Consulado; Napoleón Bonaparte.

S9.             

  • Foi adoptado o 14 de xullo de 1789 (Toma de La Bastille) e aprobado finalmente o 26 de agosto, tras longos debates. O rei, Luís XVI, ratificou o 5 de outubro, baixo a presión da Asemblea e do pobo, que acudira a Versalles. Serviu de preámbulo á primeira constitución da Revolución Francesa (1791).
  • A Declaración dos Dereitos do Home e do Cidadán (1789) inspirouse na declaración de independencia estadounidense (1776) e no espírito filosófico do século XVIII: as ideas ilustradas (separación de poderes; soberanía nacional e sufraxio universal). Politicamente defende a democracia e, ideoloxicamente, a igualdade de todos os cidadáns, sen ningunha distinción.
  • Suprimir os dereitos feudais e crear un marco legal único que respectase por igual a todos os sectores sociais.
  • Os dereitos naturais e imprescritibles (liberdade, propiedade, seguridade, resistencia á opresión), así como a igualdade de todos os cidadáns ante a lei e a xustiza. Tamén recoñece a separación de poderes.
  • Transcendencia: é importante que todos os cidadáns coñezan os seus dereitos e deberes e que os Estados velen polo seu respecto e cumprimento. Páxinas de información:

–        [http://www.unhchr.ch/spanish/html/menu3/b/21_sp.htm]

–        [http://www.anue.org/es/derechos.html]

–        [http://guiagenero.mzc.org.es/GuiaGeneroCache%5CPagina_AmnistIntern_000001.html, http://rcci.net/globalizacion/2008/fg793.htm]

S10.             

  • “A morte de Marat/La Mort de Marat” (chamada a “Pietá” da revolución), de Jacques-Louis David (1793). Obra de estilo neoclásico, conservado nos Museos Reais de Belas Artes Bruxelas-Bélxica..
  • Durante a época do terror ou o período xacobino (David e Marat eran amigos e compañeiros ideolóxicos), no segundo ano do novo calendario revolucionario.
  • Representa o falecemento en 1794 de Marat, o escritor do periódico radical “L’Ami du peuple” e moi vinculado ao partido xacobino, aínda que non militante. Marat foi apuñalado por Carlota Corday (moderada xirondina), mentres escribía na súa bañeira. A súa asasina, normanda, viaxou a París coa obsesión de asasinar o home que ela consideraba unha “besta”, para “salvar a Francia”. Logrou entrar na casa de Marat co pretexto de presentarlle unha lista de xente que debería ser executada como inimigos de Francia. Marat agradeceulle a información e prometeu guillotinalos.
  • A disposición dos elementos é sobria, como se dunha obra relixiosa se tratase. Baséase en verticais e horizontais. No chan vese o puñal caído (coitelo carniceiro), entanto que a metade superior do cadro está baleira, como se se tratase dun abafante silencio frío. Unha sombra clara ascende en diagonal evocando a fuxida da vida do corpo agonizante.
  • “13 de xullo de 1793. De Marie Anne Charlotte Corday ao cidadán Marat: baste que eu sexa desgraciada para ter dereito á vosa benevolencia” (a nota traizoeira). No papel sobre o caixón lese: “disporedes esta asignación para esa nai de cinco fillos cuxo home morreu en defensa da patria”.
  • Enderezos web:

–        [http://es.wikipedia.org/wiki/Charlotte_Corday]

–        [http://www.slideshare.net/celia.trumpet/charlotte-corday-presentation-826081]

–        [http://www.artehistoria.jcyl.es/arte/obras/3005.htm]

  • Construción metódica que se centra na vítima. Hoxe está considerada como unha terrible fermosa mentira. Non é unha fotografía no sentido forense, mais tampouco unha sinxela imaxe. David retratouno tal como o vira o día anterior ao da súa morte.

S11.             

Revolucións

Países

Causas

Resultados

1820

Alemaña, España, Portugal, Nápoles, Piemonte, Francia e Rusia.

Activistas militares (insurreccións militares) intentaron rematar co absolutismo.

Independencia grega do imperio otomán. Trienio liberal en España. Independencia das colonias españolas en América.

1830

Francia, Bélxica, Polonia e outros países europeos.

Apoio popular aos movementos burgueses.

Bélxica independizouse de Holanda. Gran Bretaña, ampliación de dereitos políticos. Francia, monarquía de tipo liberal (Luís Filipe de Orleáns).

1848

Europa occidental e oriental. Francia, Italia, Austria e Alemaña.

Movementos nacionalistas.

Recoñécese sufraxio universal, soberanía popular, igualdade social. Caída de Metternich, II República en Francia; inicio da unificación de Italia e Alemaña; afianzamento dos movementos nacionalistas.

S12.             

  • Perspectiva de Fichte.

A lingua é o elemento unificador, e os aspectos xeográficos non impiden nin limitan a existencia dun pobo.

  • Perspectiva de Mazzini

Que se queren lograr a súa unificación, debe partir dende os seus cidadáns, desde a súa organización e o seu espírito nacionalista.

S13.             

Carlos IV comezou a reinar en España un ano antes de iniciarse a Revolución Francesa; isto provocou que o monarca intentase limitar as reformas ilustradas iniciadas polo seu pai, Carlos III. O país dividiuse en dous: os afrancesados, ou partidarios de Francia e da Revolución, e os absolutistas. Os monarcas españois tiñan medo de correr o mesmo destino que os reis franceses (que foron finalmente guillotinados). Para España o impacto da Revolución foi grande, xa que dela naceu a figura fulgurante de Napoleón Bonaparte, quen invadiu a Península e controlou o seu goberno; o resultado foi a longa Guerra de Independencia que levou ao país á ruína económica e á destrución das súas infraestruturas.

S14.             

Ante o Motín de Aranjuez, Carlos IV decide pedir axuda a Napoleón Bonaparte. Este decide convocar en Baiona o monarca español e o príncipe de Asturias, o futuro Fernando VII. Carlos IV remata abdicando no seu fillo e este en Napoleón. O emperador francés decide nomear rei de España o seu irmán Xosé Bonaparte, o que levou ao país a unha guerra contra o invasor galo.

S15.             

O resentimento da poboación, ao esixírselle costear a manutención das tropas estranxeira, derivou en numerosos incidentes e episodios de violencia. Isto, engadido á forte inestabilidade política motivada polo Motín de Aranjuez, precipitou os acontecementos que desembocaron no levantamento popular en Madrid contra os franceses, o 2 de maio de 1808, sometido+o coa carga dos Mamelucos e os fusilamentos en Príncipe Pío.

S16.         

 

 

  

  •  Nome da obra, autor, cronoloxía.

A carga do Mamelucos na Porta do Sol ou Levantamento do dous de Maio. Francisco de Goya y Lucientes. (1814).

Fusilamentos do 3 de maio ou Os fusilamentos da Moncloa. Francisco de Goya y Lucientes. (1814).

  •  Contexto histórico e paisaxe.

Ocupación napoleónica trala abdicación dos monarcas españois en favor de Napoleón Bonaparte e do seu irmán Xosé.

  •  Que representa a escena?

As tropas francesas intentan sufocar, con violencia, os sublevados do pobo de Madrid.

Momento en que se fusilan os líderes e os prisioneiros das revoltas en Madrid.

 

  •  Pensa que Goya foi testemuña dos feitos?

Goya foi testemuña mais non pintou os cadros no momento, senón anos máis tarde, nunha proposta que lle fixo ao concello de Madrid. Hai quen pensa que o fixo para lavar a súa imaxe de “afrancesado”.

  •  Como é a composición da obra?

Os movementos dos cabalos e dos personaxes dan ao cadro un gran dinamismo. Reflicte a escena con gran realismo, como pode verse na representación dos corpos caídos e nos ríos de sangue. En último temo, vese o perfil arquitectónico de Madrid, pero tratado de tal maneira que non distrae a atención do acontecemento principal, que domina o primeiro plano.[ ]Goya usa unha pincelada solta e un rico cromatismo.

 

Dividida en dúas partes: un grupo dun 12 civís, en distintas posturas. Na dereita 6 soldados, que apuntan cos seus fusís aos prisioneiros. A lanterna situada á dereita, tras os soldados, ilumina a figura do home cos brazos estricados.

  •  Como están representados os franceses? Que pretende amosar o autor?

Exército dacabalo, cunha grande instrución e moi violentos nos seus ataques. O pintor amosa a crueldade dos franceses

Con cores moi escuras, contrastadas co home da camisa branca, reflectindo o mal, a escuridade.... Son rostros anónimos, que recibiron o nome da “máquina de matar”.

  •  Que pretendía denunciar Goya con esta pintura?

A barbarie da guerra e a tiranía moderna, establecendo un contrate entre as paixóns humanas das vítimas e a eficacia deshumanizadora dos mamelucos ou do pelotón de fusilamento.

S17.         

Reinado de Fernando VII

Características xerais do período

  •  Sexenio absolutista

(1814-1820)

O rei derroga a constitución de 1812 e restaura o absolutismo monárquico co apoio dos estamentos privilexiados.

  •  Trienio liberal

(1820-23)

Pronunciamento de Del Riego. O rei vese obrigado a aceptar a constitución de 1812 e iniciar unha apertura liberal, non por convicción senón por presión das forzas do país.

  •  Década Ominosa (1823-1833)

Co apoio dos “cen mil fillos de San Luís” volta ao absolutismo. Política ambigua entre liberalismo e absolutismo procurando apoios para nomear sucesora a súa filla Isabel.

S18.         

Reinado de Isabel II

Características xerais do período

  •  Rexencia de María Cristina

Inicio das Guerras carlistas.

  •  Rexencia do xeneral Espartero

Medidas librecambistas e autoritarismo político do rexente.

  •  Década Moderada (1843-1853)

Constitución de 1845. Óptica reformista centralizadora. Código Penal. Garda Civil.

  •  Bienio Progresista (1854-1856)

Pronunciamento militar: Vicálvaro. Desamortización: Madoz. Construción de ferrocarrís.

  •  Crise do sistema isabelino

(1856-1868)

Goberno moi autoritario. Guerra de África. Desgaste moderado.

 

S19.         

Tres guerras civís do século XIX que enfrontaron os partidarios de Carlos María Isidro (carlistas), irmán de Fernando VII e absolutista, e os partidarios de Isabel II (isabelinos ou liberais), filla do monarca, e que como muller non podía acceder ao trono.

S20.         

  •  Tipo de sufraxio que reivindican.

Universal e libre.

  •  Modelo de goberno.

Democracia. Monarquía constitucional.

  •  Goberno e monarquía.

Monarquía de Isabel II, co sistema de quendas de partidos e falta de participación social na elección dos seus representantes.

  •  Constitución para substituír? Denominación: “bastarda”?

A constitución de 1852, pois a do 1856 era a mesma cunha acta máis. Aínda que na súa redacción se buscou aparentemente unha constitución liberal, na realidade o seu obxectivo era volver ao sistema absolutista.

  •  Dereitos e liberdades que defende

Liberdade de prensa, ensino, culto, industria, tráfico, seguridade, etc.

S21.         

De esquerda a dereita: a Gloriosa (setembro 1968, batalla Alcolea, implantación da peseta como moeda. Enriba, os militares e o lema do pronunciamento. A figura á dereita de Alcolea: chegada de Prim dende o exilio para constituír a Xunta revolucionaria. Seguinte figura á dereita: Amadeo de Saboia e os seus valedores. A figura xeométrica branca reflicte a I República, cos seus presidentes e as características dos seus gobernos reflectidas nas palabras que hai debaixo: Figueras (cun industrial suxeito á súa perna); Pi i Margall (federalista. Pirotecnia); Salmerón (filosófica); Castelar (Polo fino. Unionista). A caída da República é en picado; o xeneral Pavía dá un golpe de estado, disolve as Cortes (por iso saen pequenas figuras polo frontón do edificio – “Enero 1874”) e favorece a entrada dun goberno de centro-esquerda. Asoma pola dereita Afonso XIII, tras o pronunciamento de Martínez Campos, que permite a restauración borbónica.

S22.         

  • Medios de que se valía o caciquismo.

Votación de defuntos, manipulación, coacción, etc.

  • Por que xurdiron os movementos nacionalistas?

Defensa das linguas, culturas e tradicións (galego, castelán, éuscaro e catalán). A defensa da identidade propia vai verse apoiada polos principios ilustrados e liberais que percorren a Europa do século XIX.

  • Funcionamento e razón de ser do caciquismo en Galicia.

Caciquismo é o nome das relacións que definían a vida política durante os anos da Restauración borbónica. Na Galicia rural do século XIX o caciquismo vinculouse á vida nos pazos e ao poder dos señores sobre unha poboación analfabeta e pobre. Tamén, nas pequenas vilas emerxentes na zona costeira, estivo reflectido na escasa burguesía industrial que vai promover cambios urbanos de gran transcendencia no futuro da historia de Galicia.

S23.             

   

O nome procede do “culotte”, prenda que levaban os privilexiados no século XVIII, que o substituían polos pantalóns longos (como se aprecia na imaxe). O traxe revolucionario estaba formado por unha casaca, chamada Carmagnole; un pantalón longo, chamado sans-culotte; unha escarapela tricolor, o gorro frixio e unhas zocas.

As mulleres vestían tecidos lixeiros de aspecto natural, cinturas altas, brazos espidos e corpiños curtos.

As súas armas era calquera coitelo ou pau que puidesen atopar.

Lema da revolución: “Liberdade, igualdade e fraternidade ou morte”. A guillotina ou o patíbulo, como símbolo de xustiza contra os representantes do Antigo Réxime.

  •  Gorro frixio (figura dereita): é o que durante a antigüidade clásica se entregaba aos escravos manumitidos e é, por iso, símbolo da liberdade.
  •  Escarapela tricolor (no centro do gorro superior central): símbolo da milicia parisina antes da Toma de La Bastille. O azul e o vermello son as cores de París, logo engadíuselle o branco (símbolo da monarquía) para lucila na cerimonia de revista do exército por parte de Luís XVI.
  •  Bandeira tricolor.

 

S24.             

  •  Causas: os grandes gastos da Corte; endebedamento do estado polas enormes cantidades que precisaba o exército para as súas loitas; a ascensión da burguesía e a decadencia paulatina dunha ríxida monarquía; o espallamento das ideas ilustradas, que triunfaran coa independencia das 13 colonias británicas en América; crise económica pola alza dos prezos dos produtos básicos; etc.
  •  Fases: Estados Xerais (Toma de La Bastille); monarquía constitucional; a revolución nas mans do moderados ou xirondinos; a revolución nas mans dos xacobinos ou exaltados;; o Directorio; o Consulado; Napoleón Bonaparte.

S25.             

  • Foi adoptado o 14 de xullo de 1789 (Toma de La Bastille) e aprobado finalmente o 26 de agosto, tras longos debates. O rei, Luís XVI, ratificou o 5 de outubro, baixo a presión da Asemblea e do pobo, que acudira a Versalles. Serviu de preámbulo á primeira constitución da Revolución Francesa (1791).
  • A Declaración dos Dereitos do Home e do Cidadán (1789) inspirouse na declaración de independencia estadounidense (1776) e no espírito filosófico do século XVIII: as ideas ilustradas (separación de poderes; soberanía nacional e sufraxio universal). Politicamente defende a democracia e, ideoloxicamente, a igualdade de todos os cidadáns, sen ningunha distinción.
  • Suprimir os dereitos feudais e crear un marco legal único que respectase por igual a todos os sectores sociais.
  • Os dereitos naturais e imprescritibles (liberdade, propiedade, seguridade, resistencia á opresión), así como a igualdade de todos os cidadáns ante a lei e a xustiza. Tamén recoñece a separación de poderes.
  • Transcendencia: é importante que todos os cidadáns coñezan os seus dereitos e deberes e que os Estados velen polo seu respecto e cumprimento. Páxinas de información:

–        [http://www.unhchr.ch/spanish/html/menu3/b/21_sp.htm]

–        [http://www.anue.org/es/derechos.html]

–        [http://guiagenero.mzc.org.es/GuiaGeneroCache%5CPagina_AmnistIntern_000001.html, http://rcci.net/globalizacion/2008/fg793.htm]

S26.             

  • “A morte de Marat/La Mort de Marat” (chamada a “Pietá” da revolución), de Jacques-Louis David (1793). Obra de estilo neoclásico, conservado nos Museos Reais de Belas Artes Bruxelas-Bélxica..
  • Durante a época do terror ou o período xacobino (David e Marat eran amigos e compañeiros ideolóxicos), no segundo ano do novo calendario revolucionario.
  • Representa o falecemento en 1794 de Marat, o escritor do periódico radical “L’Ami du peuple” e moi vinculado ao partido xacobino, aínda que non militante. Marat foi apuñalado por Carlota Corday (moderada xirondina), mentres escribía na súa bañeira. A súa asasina, normanda, viaxou a París coa obsesión de asasinar o home que ela consideraba unha “besta”, para “salvar a Francia”.

Logrou entrar na casa de Marat co pretexto de presentarlle unha lista de xente que debería ser executada como inimigos de Francia. Marat agradeceulle a información e prometeu guillotinalos.

  • A disposición dos elementos é sobria, como se dunha obra relixiosa se tratase. Baséase en verticais e horizontais. No chan vese o puñal caído (coitelo carniceiro), entanto que a metade superior do cadro está baleira, como se se tratase dun abafante silencio frío. Unha sombra clara ascende en diagonal evocando a fuxida da vida do corpo agonizante.
  • “13 de xullo de 1793. De Marie Anne Charlotte Corday ao cidadán Marat: baste que eu sexa desgraciada para ter dereito á vosa benevolencia” (a nota traizoeira). No papel sobre o caixón lese: “disporedes esta asignación para esa nai de cinco fillos cuxo home morreu en defensa da patria”.
  • Enderezos web:

–        [http://es.wikipedia.org/wiki/Charlotte_Corday]

–        [http://www.slideshare.net/celia.trumpet/charlotte-corday-presentation-826081]

–        [http://www.artehistoria.jcyl.es/arte/obras/3005.htm]

  • Construción metódica que se centra na vítima. Hoxe está considerada como unha terrible fermosa mentira. Non é unha fotografía no sentido forense, mais tampouco unha sinxela imaxe. David retratouno tal como o vira o día anterior ao da súa morte.

S27.             

Revolucións

Países

Causas

Resultados

1820

Alemaña, España, Portugal, Nápoles, Piemonte, Francia e Rusia.

Activistas militares (insurreccións militares) intentaron rematar co absolutismo.

Independencia grega do imperio otomán. Trienio liberal en España. Independencia das colonias españolas en América.

1830

Francia, Bélxica, Polonia e outros países europeos.

Apoio popular aos movementos burgueses.

Bélxica independizouse de Holanda. Gran Bretaña, ampliación de dereitos políticos. Francia, monarquía de tipo liberal (Luís Filipe de Orleáns).

1848

Europa occidental e oriental. Francia, Italia, Austria e Alemaña.

Movementos nacionalistas.

Recoñécese sufraxio universal, soberanía popular, igualdade social. Caída de Metternich, II República en Francia; inicio da unificación de Italia e Alemaña; afianzamento dos movementos nacionalistas.

S28.             

  • Perspectiva de Fichte.

A lingua é o elemento unificador, e os aspectos xeográficos non impiden nin limitan a existencia dun pobo.

 

  • Perspectiva de Mazzini

Que se queren lograr a súa unificación, debe partir dende os seus cidadáns, desde a súa organización e o seu espírito nacionalista.

S29.             

Carlos IV comezou a reinar en España un ano antes de iniciarse a Revolución Francesa; isto provocou que o monarca intentase limitar as reformas ilustradas iniciadas polo seu pai, Carlos III. O país dividiuse en dous: os afrancesados, ou partidarios de Francia e da Revolución, e os absolutistas. Os monarcas españois tiñan medo de correr o mesmo destino que os reis franceses (que foron finalmente guillotinados). Para España o impacto da Revolución foi grande, xa que dela naceu a figura fulgurante de Napoleón Bonaparte, quen invadiu a Península e controlou o seu goberno; o resultado foi a longa Guerra de Independencia que levou ao país á ruína económica e á destrución das súas infraestruturas.

S30.             

Ante o Motín de Aranjuez, Carlos IV decide pedir axuda a Napoleón Bonaparte. Este decide convocar en Baiona o monarca español e o príncipe de Asturias, o futuro Fernando VII. Carlos IV remata abdicando no seu fillo e este en Napoleón. O emperador francés decide nomear rei de España o seu irmán Xosé Bonaparte, o que levou ao país a unha guerra contra o invasor galo.

S31.             

O resentimento da poboación, ao esixírselle costear a manutención das tropas estranxeira, derivou en numerosos incidentes e episodios de violencia. Isto, engadido á forte inestabilidade política motivada polo Motín de Aranjuez, precipitou os acontecementos que desembocaron no levantamento popular en Madrid contra os franceses, o 2 de maio de 1808, sometido+o coa carga dos Mamelucos e os fusilamentos en Príncipe Pío.

S32.         

 

   
  •  Nome da obra, autor, cronoloxía.

A carga do Mamelucos na Porta do Sol ou Levantamento do dous de Maio. Francisco de Goya y Lucientes. (1814).

Fusilamentos do 3 de maio ou Os fusilamentos da Moncloa. Francisco de Goya y Lucientes. (1814).

  •  Contexto histórico e paisaxe.

Ocupación napoleónica trala abdicación dos monarcas españois en favor de Napoleón Bonaparte e do seu irmán Xosé.

  •  Que representa a escena?

As tropas francesas intentan sufocar, con violencia, os sublevados do pobo de Madrid.

Momento en que se fusilan os líderes e os prisioneiros das revoltas en Madrid.

 

  •  Pensa que Goya foi testemuña dos feitos?

Goya foi testemuña mais non pintou os cadros no momento, senón anos máis tarde, nunha proposta que lle fixo ao concello de Madrid. Hai quen pensa que o fixo para lavar a súa imaxe de “afrancesado”.

  •  Como é a composición da obra?

Os movementos dos cabalos e dos personaxes dan ao cadro un gran dinamismo. Reflicte a escena con gran realismo, como pode verse na representación dos corpos caídos e nos ríos de sangue. En último temo, vese o perfil arquitectónico de Madrid, pero tratado de tal maneira que non distrae a atención do acontecemento principal, que domina o primeiro plano.[ ]Goya usa unha pincelada solta e un rico cromatismo.

 

Dividida en dúas partes: un grupo dun 12 civís, en distintas posturas. Na dereita 6 soldados, que apuntan cos seus fusís aos prisioneiros. A lanterna situada á dereita, tras os soldados, ilumina a figura do home cos brazos estricados.

  •  Como están representados os franceses? Que pretende amosar o autor?

Exército dacabalo, cunha grande instrución e moi violentos nos seus ataques. O pintor amosa a crueldade dos franceses

Con cores moi escuras, contrastadas co home da camisa branca, reflectindo o mal, a escuridade.... Son rostros anónimos, que recibiron o nome da “máquina de matar”.

  •  Que pretendía denunciar Goya con esta pintura?

A barbarie da guerra e a tiranía moderna, establecendo un contrate entre as paixóns humanas das vítimas e a eficacia deshumanizadora dos mamelucos ou do pelotón de fusilamento.

S33.         

Reinado de Fernando VII

Características xerais do período

  •  Sexenio absolutista

(1814-1820)

O rei derroga a constitución de 1812 e restaura o absolutismo monárquico co apoio dos estamentos privilexiados.

  •  Trienio liberal

(1820-23)

Pronunciamento de Del Riego. O rei vese obrigado a aceptar a constitución de 1812 e iniciar unha apertura liberal, non por convicción senón por presión das forzas do país.

  •  Década Ominosa (1823-1833)

Co apoio dos “cen mil fillos de San Luís” volta ao absolutismo. Política ambigua entre liberalismo e absolutismo procurando apoios para nomear sucesora a súa filla Isabel.

S34.         

Reinado de Isabel II

Características xerais do período

  •  Rexencia de María Cristina

Inicio das Guerras carlistas.

  •  Rexencia do xeneral Espartero

Medidas librecambistas e autoritarismo político do rexente.

  •  Década Moderada (1843-1853)

Constitución de 1845. Óptica reformista centralizadora. Código Penal. Garda Civil.

  •  Bienio Progresista (1854-1856)

Pronunciamento militar: Vicálvaro. Desamortización: Madoz. Construción de ferrocarrís.

  •  Crise do sistema isabelino

(1856-1868)

Goberno moi autoritario. Guerra de África. Desgaste moderado.

 

S35.         

Tres guerras civís do século XIX que enfrontaron os partidarios de Carlos María Isidro (carlistas), irmán de Fernando VII e absolutista, e os partidarios de Isabel II (isabelinos ou liberais), filla do monarca, e que como muller non podía acceder ao trono.

S36.         

  •  Tipo de sufraxio que reivindican.

Universal e libre.

  •  Modelo de goberno.

Democracia. Monarquía constitucional.

  •  Goberno e monarquía.

Monarquía de Isabel II, co sistema de quendas de partidos e falta de participación social na elección dos seus representantes.

  •  Constitución para substituír? Denominación: “bastarda”?

A constitución de 1852, pois a do 1856 era a mesma cunha acta máis. Aínda que na súa redacción se buscou aparentemente unha constitución liberal, na realidade o seu obxectivo era volver ao sistema absolutista.

  •  Dereitos e liberdades que defende

Liberdade de prensa, ensino, culto, industria, tráfico, seguridade, etc.

S37.         

De esquerda a dereita: a Gloriosa (setembro 1968, batalla Alcolea, implantación da peseta como moeda. Enriba, os militares e o lema do pronunciamento. A figura á dereita de Alcolea: chegada de Prim dende o exilio para constituír a Xunta revolucionaria. Seguinte figura á dereita: Amadeo de Saboia e os seus valedores. A figura xeométrica branca reflicte a I República, cos seus presidentes e as características dos seus gobernos reflectidas nas palabras que hai debaixo: Figueras (cun industrial suxeito á súa perna); Pi i Margall (federalista. Pirotecnia); Salmerón (filosófica); Castelar (Polo fino. Unionista). A caída da República é en picado; o xeneral Pavía dá un golpe de estado, disolve as Cortes (por iso saen pequenas figuras polo frontón do edificio – “Enero 1874”) e favorece a entrada dun goberno de centro-esquerda. Asoma pola dereita Afonso XIII, tras o pronunciamento de Martínez Campos, que permite a restauración borbónica.

S38.         

  • Medios de que se valía o caciquismo.

Votación de defuntos, manipulación, coacción, etc.

  • Por que xurdiron os movementos nacionalistas?

Defensa das linguas, culturas e tradicións (galego, castelán, éuscaro e catalán). A defensa da identidade propia vai verse apoiada polos principios ilustrados e liberais que percorren a Europa do século XIX.

  • Funcionamento e razón de ser do caciquismo en Galicia.

Caciquismo é o nome das relacións que definían a vida política durante os anos da Restauración borbónica. Na Galicia rural do século XIX o caciquismo vinculouse á vida nos pazos e ao poder dos señores sobre unha poboación analfabeta e pobre. Tamén, nas pequenas vilas emerxentes na zona costeira, estivo reflectido na escasa burguesía industrial que vai promover cambios urbanos de gran transcendencia no futuro da historia de Galicia.

 

 

Licenciado baixo a Creative Commons Attribution Non-commercial Share Alike License 3.0