Saltar navegación

2.1 As revolucións políticas (1776-1848)

 

A segunda metade do século XVIII foi un punto de inflexión na historia. A sociedade do Antigo Réxime experimentou cambios fondos e a burguesía, que era parte do estamento non privilexiado, comezou a reclamar un peso político e social equivalente ao poder económico acadado polo desenvolvemento da Revolución Industrial. Estas reivindicacións burguesas, apoiadas nas novas ideas expostas pola Ilustración, reforzadas polo forte crecemento económico e demográfico, puxeron fin á sociedade nacida a fins da Idade Media nun proceso coñecido como revolucións burguesas ou liberais. O parlamentarismo inglés, o nacemento dos Estados Unidos de América e a Revolución Francesa son os primeiros fitos que deron lugar a unha transformación radical da sociedade.


Patrick Henry delivering his great speech on the rights of the colonies, before the Virginia AssemblyDominio público

Licenciado baixo a Creative Commons Attribution Non-commercial Share Alike License 3.0