Saltar navegación
1. O Congreso de Viena supuxo unha volta a...
O Liberalismo.
A monarquía constitucional.
O Antigo Réxime.
A ditadura.
2. Cal dos seguintes personaxes foi o líder dos xacobinos?
Balzac.
Marat.
Danton.
Robespierre..
3. Que período da Revolución Francesa é coñecido como a fase do Terror?
Constitución de 1795.
A república.
A ditadura xacobina.
A Convención.
4. Ao morrer Fernando VII, a súa filla Isabel tiña tres anos, polo que a súa nai exerceu a rexencia. A loita entre moderados e progresistas obrigouna a dimitir deixando a rexencia nas mans dun militar destacado. Quen foi ese militar?
O’Donnell.
Serrano.
Espartero.
Narváez.
5. A derrota que supuxo o final definitivo do imperio napoleónico foi:
Waterloo.
Trafalgar.
Lepanto.
Austerlitz.
6. É o acontecemento que iniciou a independencia das colonias americanas dos EEUU, da súa metrópole, Inglaterra.
Baía de Cochinos.
Motín do té.
Afundimento do Lusitania.
Motín de Aranjuez.
7. Quen se sublevou para obrigar a Fernando VII a xurar a constitución de 1812 e que período comezou cando o monarca o fixo?
O xeneral O’Donnell, mais Fernando VII negouse a xurar a Constitución.
O xeneral Rafael del Riego, e así comezou o Trienio Liberal.
Espartero, e comezou a Década Ominosa.
Iso nunca ocorreu.
8. Que é o sufraxio censatario?
Un sistema electoral que só permite o voto dos homes.
Un sistema electoral que non permite votar aos menores de idade.
Un sistema electoral que só permite votar aos membros do terceiro Estado.
Un sistema electoral que só permite votar aos cidadáns que reúnan determina-das condicións: riqueza, cultura, posición social, ...
9. Cal dos seguintes principios non é liberal?
Soberanía real.
Separación de poderes.
Dereitos naturais.
Promulgación dunha constitución.
10. Logo da I República Española, restáurase a monarquía constitucional na persoa de:
Amadeo de Saboia.
Afonso XII, fillo da raíña Isabel II.
Afonso XIII.
Ningún dos citados.
Licenciado baixo a Creative Commons Attribution Non-commercial Share Alike License 3.0