Saltar navegación

7. Glosario

O Antigo Réxime é un período histórico de grande transcendencia na historia da humanidade, pois nel están os alicerces do mundo contemporáneo. É preciso dominar unha terminoloxía clara para a súa comprensión.

A

 

  • Antigo Réxime
  • Antropocentrismo

 

 

  • Organización social, política e económica vixente en Europa desde finais do feudalismo (s. XVI) ata a Revolución Francesa (finais do s. XVIII

  • Doutrina que defende que o home é a medida de todas as cousas. Foi considerado nalgúns momentos da historia como antónimo de teocentrismo.

C


 

 

 

 

 

 

 

  • Cisma

 

Termo grego que significa división ou separación. Xenericamente coñécese como cisma as dúas rupturas dentro do Cristianismo: 1054 (Igrexa de oriente – ortodoxos – e occidente) e entre 1378 e 1417 (a separación dos protestantes e dos anglicanos).

 

 

  • Clase social

 

 

 

Grupo de persoas que polas súas características e polos seus intereses comúns (actividade económica, propiedades, ingresos, xeitos de vida e xeito de pensar) constitúen unha unidade homoxénea dentro dunha sociedade.

 

  • Coresma

 

 

Período litúrxico, iniciado o mércores de Cinza, de preparación á Pascua.

  • Corvea

 

 

Obriga de traballar os servos nas terras do señor ou nobre.

 

D

 
  • Décimo

Imposto do dez por cento das colleitas que se debía pagar ao rei ou á Igrexa.

 
  • Despotismo Ilustrado

 

Forma de goberno que, malia compartir principios coa monarquía absoluta, apoia aos pensadores da Ilustración, dando aparencia de actuar segundo as súas ideas, mais sen deixar que o pobo participe na vida política. O lema deste sistema é todo para o pobo, mais sen o pobo.

G

  • Gravela

Antigo imposto sobre un produto e consumo xeral.

 

H

 

 

  • Heliocentrismo

Teoría que defende que a Terra e os demais planetas do noso sistema xiran ao redor do Sol.

  • Humanismo

Movemento intelectual da Europa do século XV. O seu principio básico é que o home é a medida de todas as cousas, é dicir, os humanistas confían no ser humano, na súa razón e na súa capacidade para cultivar todas as ramas da sabedoría.

L

  • Laudemios

Dereito que se paga a un señor por venda dalgún ben.

 

M

 

 

  
  • Mercantilismo

Teoría económica que se basea no principio de que un estado é rico en función da cantidade de metais preciosos que posúe. Para acumular este metal precisan vender moito e mercar pouco. Trátase dun sistema que favorece a exportación e castiga a importación mediante a imposición de fortes impostos aduaneiros. Defende o intervencionismo do Estado na economía do país.

  • Monarquía autoritaria

Sistema de goberno que concentra poderes e territorios e cuxos piares son: as Cortes, a burocracia, un sistema de impostos, un corpo e política diplomática, un exército único e permanente, un férreo control relixioso (no caso español a Inquisición) e un sistema económico centralizado.

  • Monarquía absoluta

Poder que ostentaban os monarcas do Antigo Réxime e que consistía na concentración de poderes (xudicial, lexislativo e executivo) na figura do monarca.

  • Monarquía parlamentaria

Forma de goberno na que o poder do rei está limitado polo parlamento e a constitución.

P

  • Pinta

Unidade de medida anglosaxona.

 

T

 

  • Teocentrismo

Doutrina que defende que Deus é o centro do universo, que todo o que existe foi creado e dirixido por el.

X

  • Xeocentrismo

Teoría astronómica que consideraba que a Terra era o centro do universo.

 

 

Licenciado baixo a Creative Commons Attribution Non-commercial Share Alike License 3.0