2.2.3 Cultura e arte barrocas
No século XVII (1600-1750) aparece un novo gusto estético coñecido como Barroco, que contrasta co racionalismo e co clasicismo. Este período histórico da Europa Occidental vai xerar unha importante produción literaria, arquitectónica, escultórica, pictórica e nos campos da danza e da música.
Sitúase entre os períodos renacentista e neoclásico, na época da Contrarreforma, cando a Igrexa católica tentaba reafirmar o seu poder e os monarcas buscaban a exaltación da súa autoridade, mentres que a burguesía reivindicaba un novo posto social e socavaba os fundamentos da sociedade estamental. Unha época de contradicións.
Barroco, termo de orixe portugués que quere dicir xoia falsa ou perla de forma irregular, foi aplicado a este estilo, inicialmente cun carácter pexorativo. Por barroco enténdese normalmente o que está excesivamente ornamentado, ou o que é desmesurado ou complicado.
Arquitectura, escultura e pintura
No estilo barroco predominan valores estéticos nos que prima o movemento (curvas, xogos cóncavo-convexo); a luz e a cor; o realismo (gusto polo teatral, o simbólico e o escénico). A finalidade das artes é exaltar os sentimentos, as emocións, así como buscar sorprender o espectador.
-
Arquitectura
-
Constrúen edificios relixiosos ou civís cun sentido simbólico-propagandístico (igrexas e pazos).
-
É a principal manifestación deste estilo, caracterizado pola súa liberdade, fantasía e afán de movemento.
-
As construcións realízanse en pedra, ladrillo ou estuco.
-
Predominan as formas sobre a funcionalidade da construción: o muro é o principal soporte; arcos moi variados; soportes con fins ornamentais (atlantes, cariátides, columnas salomónicas, etc.); cubertas abovedadas, etc.
-
Elementos decorativos desbordantes: arquitectónicos, escultóricos ou pictóricos.
-
Xogos de volumes e espazos. O espazo interior é misterioso; ás veces, teatral.
-
Un exemplo notable de arquitectura barroca é a fachada do Obradoiro da catedral de Santiago de Compostela.
- Escultura
-
Obras naturalistas e realistas (expresan dor e alegría, paixóns, sentimentos; exaltación e emotividade) de temática variada: relixiosa, mitolóxica, alegórica ou retratos.
-
Trátase de tallas polícromas en mármore, madeira ou bronce realizadas para un espazo concreto, buscando efectos de luz.
-
Búscase un gran movemento nas figuras, representándose o acto. Predominan as diagonais, as liñas serpentinatas e as formas abertas.
-
Éxtase de Santa Tareixa, de Bernini, é un exemplo clásico de escultura barroca.
-
Pintura
-
A pintura barroca representa o triunfo da cor, do contraste luz-sombra (claroscuro), do realismo e do movemento nas composicións.
-
Destacan Caravaggio (Italia, mestre do tenebrismo); Rubens (Flandres, escola aristocrática) e os seus discípulos Van Dyck e Jordaens; Rembrandt (escola holandesa; retratista e mestre da luz e da cor), Vermeer ou Franz Hals. En España destacan Ribera, Ribalta, Murillo e o gran mestre Diego Velázquez.
Actividades propostas
S12. O mundo da ciencia foi especialmente brillante nos séculos XVII e XVIII. Aquí ten unha serie de exemplos. Busque información e relacione ambas as columnas.
|
1 |
|
|
|
|
|
2 |
|
|
|
|
|
3 |
|
|
|
|
|
4 |
|
|
|
|
|
5 |
|
|
|
|
|
6 |
|
|
|
|
|
7 |
|
|
|
|
|
8 |
|
|
|
|
|
9 |
|
|
|
|
|
10 |
|
|
|
|
|
11 |
|
|
|
|
|
12 |
|
|
|
S13. Tampouco a pintura quedou atrás. Aquí ten exemplos de artistas citados no texto e obras súas. Busque información e trate de relacionar os autores coas obras correspondentes.
-
1
-
As meninas
-
Rembrandt
2
-
As tres grazas
-
Velázquez
3
-
A moza da perla
-
Murillo
4
-
Nenos xogando aos dados
-
Vermeer
5
-
A muller barbuda
-
Ribera
6
-
As lanzas
-
Rubens
7
-
A lección de anatomía do doutor Tulp
8
-
A rolda de noite
-
S14. Velázquez é considerado un dos mestres da pintura española de todos os tempos. Investigue o nome destas pinturas súas e describa o contido de cada unha.


Licenciado baixo a Creative Commons Attribution Non-commercial Share Alike License 3.0