5. Exercicios de autoavaliación
Exercicios de autoavaliación
1. O aumento das taxas de natalidade, entre os séculos XV e XVIII, está relacionado co...
Adianto na idade de casamento, desaparición das grandes epidemias.
A introdución dos métodos anticonceptivos.
A mellora das condicións hixiénicas nos partos.
2. Ante o crecemento demográfico do século XVI a maior parte das agriculturas europeas...
Suprimiron o espazo dedicado ao barbeito.
Aumentaron a produción de cereais.
Iniciaron o tránsito cara a unha agricultura de mercado.
3. Hai historiadores que defenden que o primeiro europeo que chegou a América foi...
Leif Erickson.
Hernán Cortés.
Americo Vespucio.
4. Unha das motivacións para a expansión colonial europea na Moderna foi a procura de...
Metais preciosos.
Ferro e carbón.
Trigo e orxo.
5. O comercio triangular consistía en...
O intercambio comercial entre Europa, Asia e América.
O intercambio comercial entre Europa, África e América.
A rede comercial Lisboa – Amberes – Mar Báltico.
6. Un destes produtos non circulaba no comercio triangular...
A pementa.
Os escravos.
O azúcar.
7. Entre os principais elementos do comercio triangular destaca..
O tráfico de escravos.
O comercio de especias.
Os intercambios de cereais.
8. Un dos efectos do comercio colonial foi...
Unha importante acumulación de capital.
Unha forte emigración europea cara África.
A desaparición das economías de plantación.
9. Que é o mercantilismo?
Un conxunto de políticas económicas intervencionistas.
Unha teoría económica coherente
A actividade desenvolvida polos gremios ou universidades de mercadores.
Licenciado baixo a Creative Commons Attribution Non-commercial Share Alike License 3.0