4. Actividades complementarias
S18. Curiosa e casual foi a viaxe de volta das primeiras embarcacións que viaxaron da Península Ibérica a América. Unha tormenta cambiou o rumbo da Pinta, convertendo a Galicia no primeiro territorio que tivo coñecemento dos achados de Colón. Lea o conto sobre a súa aventura “...e cheguei a Baiona” e conteste despois ás cuestións.


-
Defina estes termos: cipango, baluarte, espingardas, enxarcias, marabedís, alisios, códices e codaste.
-
De quen era a Pinta?
-
Por que razón arribou a Baiona?
-
Había galegos entre a súa tripulación?
-
Por que deben regresar ao porto de Palos?
-
Quen foi a primeira vítima da tripulación en terras baionesas?
-
Quen foi o primeiro en divisar aquelas novas terras?
-
Con que nome coñecían os indíxenas aquelas novas terras?
-
Cal era o nome do contramestre da Pinta?
-
En que día se afundiu a nave Santa María?
-
Calcule os días que tardou a Pinta en chegar a América.
-
Canto lle levou arribar a Baiona?
-
Cal foi o erro de Colón?
-
Para que servían: a agulla de marear, o astrolabio, o cuadrante, a ampoleta, a sondaleza e o escandallo.
-
Relacione ambas ringleiras (definición e termo):
-
1
-
Alisios
-
Juan Rodríguez Bermejo
2
-
Zaragüelles
-
Juan Quintero Argenta
3
-
Rodrigo de Triana
-
Calzóns Longos
4
-
Contramestre
-
Cemiterio
5
-
Monte Boi
-
Ventos do Atlántico
6
-
Sondaleza
-
Profundidade da Auga
-
S19.
A arte do Renacemento plasmou, dun xeito claro, as ideas do Humanismo. Compare un soneto de Petrarca e un retrato do pintor Ghirlandaio para intentar buscar paralelismos entre a arte, a literatura e a sociedade do renacemento.
Referencias para realizar esta actividade:
-

Soneto 61
“Bendito sexa o día, o mes, o ano,
la estación, e o tempo, e a hora, e o intre
e o fermoso país, e o lugar onde eu estaba
xunta a dous belos ollos, que me prenderon.E bendito o primeiro doce tormento
que habería ser con Amor unido,
o arco e a frecha con que fun ferido
e as chagas que, en fin, me veñen ao corazón.Benditas todas as voces que eu
chamando o nome da miña amada espallei,
e os suspiros, e as bágoas, e o desexo.E benditas sexan todas as follas
en que merecín o seu renome, e o meu pensamento,
que é só para ela, que para outra parte non vai.”Retrato de Giovanna Tomabuoni / D. Ghirlandaio
Poema Bendito sexa o día / Petrarca
-
Quen foi Petrarca?
-
E Ghirlandaio?
-
Compare os elementos simbólicos que aparecen no poema cos do cadro (na moza, a fileira de contas de coral, as xoias e o libro).
-
Que elementos simbólicos do amor atopa no texto?
-
Detrás da moza hai unha frase latina: ars utinan mores animun que effinger posses, pulchrior in terris nulla taballa foret. Busque en internet o seu significado.
S20. Analicemos os cambios sociais traballados no tema, a través destes textos. Tras a lectura coidadosa dos textos, conteste ás cuestións.
-
A
"Hai un refrán en España, segundo o meu punto de vista verdadeiro, como o son todos, por seren sentenzas breves tiradas da longa e discreta experiencia; e o que eu digo di: Igrexa, ou mar, ou casa real, coma se dixese máis claramente. Digo isto porque querería, e é o meu desexo, que un de vós seguise as letras, o outro a mercadoría, e o outro servise ao Rei na guerra, pois é difícil entrar a servilo na súa casa "
B
Relación dos embaixadores venecianos sobre a situación en Francia (1569). “Pensemos que os cartos do reino se atopan hoxe nas mans dunha soa das clases do reino, as cales son, como sabedes, o clero, os nobres, os burgueses e o pobo.
O clero está arruinado e nin agora, nin entanto que duren estas crises, poderá levantar cabeza. Sen contar cos bens hipotecados e vendidos con autorización do Papa, o clero pagou, desde 1561, doce millóns de escudos; o que sería pouco, pois posúe sete millóns de rendementos anuais, se os exércitos non lle causaron grandes prexuízos.
Os nobres están en situación desesperada, non teñen diñeiro por mor das guerras.
O pobo campesiño foi de tal forma espoliado polos exércitos, que exercen o seu abuso sen límites, que mal teñen con que vestir a súa nudez.
Nada queda, a non ser os burgueses e os homes de toga, tales como os presidentes, conselleiros, procuradores e outros semellantes, que teñen ouro en abundancia e non saben que facer con el".
C
Sobre o ennobrecemento da burguesía (Versalles, 1696). “Vimos de tomar a resolución de outorgar cincocentas cartas da nobreza no noso reino, para servir de recompensa a aqueles dos nosos súbditos que, ao adquirilas mediante un módico pagamento, contribuían a fornecernos os auxilios que precisamos para rexeitar os nosos inimigos.
(...) Ennobrécenos o noso reino, rexións, terras e señoríos con cincocentas persoas á nosa obediencia, que serán elixidas (...) entre os negociantes, comerciantes que fagan comercio por xunto, comercio que poderán continuar sen perder a citada condición nobre (...) e sen que os devanditos ennobrecementos poidan ser suprimidos nin revogados".
Gouber, P. El Antiguo Régimen. 2. Los poderes. S. XXI. Madrid
-
Que nova clase social se consolida nos séculos XVI e XVII? A que se dedican?
-
Por que o rei vendeu os títulos nobiliarios?
-
Quen os vai comprar?
S21. Trate de investigar de que obras son estes fragmentos de obras literarias:
-
Esta noche le mataron
al caballero,
la gala de Medina,
la flor de Olmedo.
Escucho sordo y reconozco ciego
descanso trabajando y hablo mudo:
humilde aguardo y con soberbia pido.
Mientras por competir con tu belleza oro bruñido, el sol relumbra en vano, mientras con menosprecio en medio el llano, mira tu blanca frente el lilio.
Y en diciendo esto, y encomendándose de todo corazón a su Señora Dulcinea, pidiéndole que ...
S22. A Ilustración. Durante o século XVIII Europa vai mudando paseniño ata confluír nas grandes revolucións do mundo contemporáneo. Estes cambios tiveron como referente as ideas dos ilustrados. Relacione cada personaxe coa idea que defendeu.
-
1
-
Rousseau
-
Separación de poderes (executivo, lexislativo e xudicial)
2
-
Voltaire
-
“O home debe vivir do seu traballo”
3
-
Montesquieu
-
Anticlericalismo radical
4
-
Jovellanos
-
Soberanía Nacional
-
Licenciado baixo a Creative Commons Attribution Non-commercial Share Alike License 3.0