7. Glosario

 

V

  • Videoblog

Un videoblog é unha galería de clips de vídeos, ordenada cronoloxicamente, publicados por un ou máis autores. O autor pode autorizar outros usuarios para engadir comentarios ou outros vídeos dentro da mesma galería.

Os videoblogs poden tratar calquera temática que desexe o autor, o mesmo que sucede cos blogs, e a facilidade de distribución fai que algúns videoblogs populares alcancen centos de miles de subscritores. Son un subtipo de blogs, e evolucionaron a partir deles, polo que tradicionalmente utilizaron os seus mesmos sistemas e canles de distribución. Na actualidade, servizos de vídeo en liña como Youtube facilitan a tecnoloxía de distribución para videoblogs.

 

 

Y

  • Youtube

É un sitio web no que os usuarios poden subir e compartir vídeos. Foi creado por tres antigos empregados de PayPal en febreiro de 2005. En novembro de 2006 Google Inc. adquiriuno por 1.650 millóns de dólares e agora opera como unha das súas filiais.

YouTube usa un reprodutor en liña baseado en Adobe Flash para servir o seu contido. É moi popular grazas á posibilidade de aloxar vídeos persoais de xeito sinxelo. Aloxa unha variedade de clips de películas, programas de televisión, vídeos musicais...

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Obra colocada bajo licencia Creative Commons Attribution Non-commercial Share Alike 3.0 License