5. Exercicios de autoavaliación

Exercicios de autoavaliación

1. Sinale dúas bibliotecas virtuais na rede (unha en galego e outra en castelán).


Biblioteca Virtual Cervantes e Wikisaber.

Biblioteca Virtual Galega e Wikipedia

Galipedia e Consello da Cultura Galega.

Biblioteca Virtual Galega e Biblioteca Virtual Cervante.


2. Que tipo de información nos pode ofrecer un dicionario?


Léxica.

Gramatical.

Sociolingüística.

Léxica e gramatical.


3. Que é un sinónimo?


É unha palabra que significa o contrario de outra.

É unha palabra que significa o mesmo que outra.

É unha palabra que ten varios significados.

É unha palabra que non significa nada.


4. En que tipo de textos predomina a función poética?


Textos prescritivos.

Textos literarios.

Textos argumentativos.

Textos informativos.


5. O dígrafo galego nh vai sempre situado...


En posición interior antevocálica.

Despois dun ditongo.

Nas palabras de orixe portuguesa.

Despois dun hiato.


6. En que século viviu o Padre Sarmiento?


Século XVI.

Século XX.

Século XVIII.

Século X.


7. Que é unha familia léxica?


É cando se unen o lexema, a composición e a derivación nunha mesma palabra.

Son todas as palabras que teñen un mesmo lexemae, polo tanto, unha parte do seu significado é distinto.

Son todas as palabras que teñen un mesmo lexemae, polo tanto, unha parte do seu significado é común.

É cando temos máis de cinco palabras co mesmo lexema.


8. Que é un campo semántico?


É un grupo de palabras que están relacionadas polo seu significado.

É cando temos un prefixo nunha palabra.

É un grupo de palabras relacionadas por conxunción causais.

Son moitas palabras nunha frase rematadas en –ar.


9. Que papel cumpre a comunicación non verbal?


Complementar e enfatizar o que se expresa a través das palabras.

Complementar, enfatizar e regular o que se expresa a través das palabras.

Confundir ao falante sobre o que se expresa a través das palabras.

Compartir a mensaxe coas persoas xordomudas.


10. O estilo barroco caracterízase por:


A complicación das formas e o predominio do enxeño e a artificiosidade sobre a harmonía e o equilibrio.

O cultivo dun estilo sinxelo, libre de toda complicación.

O uso de palabras sinxelas, que tratan de reflectir a harmonía coa natureza.

O uso de palabras sinxelas, que tratan de reflectir a harmonía coa natureza.


11. Cales son os autores máis importantes do teatro español dos séculos XVI e XVII?


Góngora e Cervantes.

Quevedo e Calderón de la Barca.

Calderón de la Barca e Lope de Vega.

Lope de Vega e Cervantes.


12. Que son as fábulas?


Composicións en prosa que contan a vida de animais salvaxes.

Pequenas composicións en verso, protagonizadas por animais, con ensinanza final.

Pequenas composicións en verso, protagonizadas por fadas, con ensinanza final.

Pequenas composicións en prosa para durmir aos nenos.


13. Que século se coñece como Siglo de las luces?


XVI.

XX.

XVII.

XVIII.


14. Cal das seguintes características non pertence ao Siglo de las luces?


Reformismo.

Defensa das ideas tradicionais.

Culto á razón.

Afán didáctico.


Obra colocada bajo licencia Creative Commons Attribution Non-commercial Share Alike 3.0 License