2.7 Relacións semánticas entre palabras (aspectos teóricos)

A semántica é unha disciplina lingüística que se ocupa do significado das palabras e, en xeral, das expresións lingüísticas.

Neste mesma unidade, na parte de lingua castelá de coñecemento da lingua, estúdanse polo miúdo os conceptos relacionados coa semántica. Agora cómpre lembrar estes conceptos:

      • Sinónimos. Son as palabras que teñen un significado semellante: casa, morada, vivenda.

      • Antónimos. Son os termos que dan nome a realidades opostas e, xa que logo, expresan significados contrarios, como medo e valor.

 

Actividades propostas

Actividades propostas

S5. Sinale os sinónimos das palabras subliñadas

    • Deulle unha forte aperta.

    • O demo do can mordeume.

    • Fun vender un porquiño.

    • O doutor mandoume durmir sen almofada.

    • Que ledicia me causaches!

    • O leite aínda está morno.

Actividades propostas

S6. Sinale os antónimos das palabras subliñadas

    • Deitouse ás catro da mañá.

    • Achega un pouco ese cinceiro.

    • Gastou moitos cartos ese ano.

    • Nesa corte hai un boi bravo.

    • Este peixe está ben cocido.

    • Se pos a folla do dereito, verala mellor.

Actividades propostas

S7. Ordene en series de sinónimos estas palabras (pode haber grupos de dous, tres e catro).

Abade, cortizo, vagalume, lucecú, bambán, crego, arrandeadoiro, cura, gouña, bolboreta, verme da luz, trobo, paxarela, sacerdote, papoia, carabuña.

Obra colocada bajo licencia Creative Commons Attribution Non-commercial Share Alike 3.0 License