2.5 Repaso de verbos

Na unidade 10 estudamos o verbo; ao final desa unidade pode atopar un paradigma verbal en galego e en castelán. Repáseo e faga o exercicio que lle propomos.

Actividades propostas

Actividades propostas

S3. Transforme o texto de Sempre en Galiza, de Castelao, pasando os verbos ao pretérito.

Algúns homes –galegos tamén- andan a falaren dun idioma universal, único para toda a nosa especie [...] Mais eu dígolles que a variedade de idiomas, coa súa variedade de culturas, é o signo distintivo da nosa especie, o que nos fai superiores aos animais. Velaí vai a demostración: un can de Turquía ouvea igual que un can de Dinamarca; un cabalo das Pampas arxentinas rincha igual que un cabalo de Bretaña. E sabedes por que? Porque os pobres animais aínda están no idioma universal.

Obra colocada bajo licencia Creative Commons Attribution Non-commercial Share Alike 3.0 License