2.6 Repaso das regras de acentuación

Na mesma unidade 10 pode atopar as principais regras de acentuación en galego; logo dunha lectura, propoñémoslle os seguintes exercicios.

Actividades propostas

Actividades propostas

S4. Neste texto (Polaroid, editorial Xerais, Vigo 2006), o seu autor, Suso de Toro, recrea a conversa dun capataz da construción nun momento do seu traballo. O texto está sen acentos gráficos; léao atentamente e poña os tiles necesarios.

Tranquilo, home, para maña esta, e logo podeno inaugurar as veces que queiran. Ben, pois enterralo logo, pero fale co capataz, que esta ali, e digalle que vaia chamando o da grua que isto vai estar e asi que estea o cemento botado, logo lle hai que poñe-la pedra enriba. Non sei, sera da Xunta, leva toda a tarde por ai, dando voltas. Anda, oh, pasamo prendido que eu estou nisto. Hache de estar nalgun bar da Porta do Camiño, estes das gruas escapanlle o traballo que mete medo. Ai, seranche duas toneladas ben. Iso? Duas toneladas, digocho eu. Se non e pola grua esta, fan falla trinta homes, ainda non chegan. Pero vaia tumba. Home, non sera, pero a ti e mais a min non nos han facer unha tumba asi, nin tanta cerimonia. Nun caixon ainda te metia eu a ti, e despois cravabao ben e tirabao polo rio abaixo. Pois coa tampa facia unha boa mesa para poñer diante da casa embaixo da parra. Ou ainda mais, ti mira iso, fixerono entre varios homes, ponlle que tres, abaixo de quince dias non lles levou, logo transportalo no camion, e a grua esta, nos levamos aqui toda unha tarde, e logo, pensas ti que a cerimonia de maña non custa cartos? Polo menos dous millons. Ai non, que o sair de aqui non che van tomar unha boa mariscada e uns albariños... Non, oh, pois do millon e medio non baixa. Politicas. Quere dicir Buenos Aires e eses numeros e o ano en que morreu Nunca estivestes? Pois eche un porto de mar. E ben... eche un lugariño feito, e indo cara a Ribeira, collendo a man esquerda. E aqui estamos nos, facendo un traballo de categoria, de primeira. Sonche politicas todo

Obra colocada bajo licencia Creative Commons Attribution Non-commercial Share Alike 3.0 License